Nos Xardíns de Méndez Núñez realizarase o "Mercado do mar" dentro do FESTIVAL MAR DE MARES
público en xeral
Familias, Para público en xeral
Dende o 24/09/2016 ata o 25/09/2016
Xa rematou
Sábado 24 e domingo 25 de setembro de 2016
Sábado de 12 a 21 h e domingo de 11 a 20 h
Entrada gratuíta
O mar, impoñente paisaxe, lugar de recreo e fonte de inspiración. En Galicia, o mar é ademais un dos principais motores financeiros e Mar de mares quere demostrar que o potencial económico non está rifado coa sustentabilidade e co coidado dos océanos.
O Mercado do mar, que nesta edición terá unha maior representación de emprendedores, é unha exposición de produtos e servizos do tecido produtivo galego arredor do mar. Empresas, cooperativas e asociacións mostrarán, difundirán e venderán os seus artigos nos postos habilitados nos xardíns de Méndez Núñez. Gastronomía, artesanía e outros sectores estarán representados no mercado, para lles ofrecer aos visitantes o mellor produto e a certeza de que están a contribuír á preservación do ecosistema mariño sen poñer en perigo a súa continuidade.
O mercado dinamizarase cunha carpa de actividades paralelas nas que poderemos coñecer de primeira man as iniciativas de emprendedores galegos que traballan con produtos mariños. Contaremos cunha zona Gastromar onde terán lugar demostracións gastronómicas da man de cociñeiras da categoría de Beatriz Sotelo do restaurante estrela Michelín A Estación de Cambre e as food trucks A Pulponeta, Cudbe Food Truck e Josmaga ofrecerán as súas exquisitas especialidades.
Ademais poderemos escoitar concertos de música en directo en senllas sesións vermú e vespertinas, participar nun taller científico, visitar o Aquarium Finisterrae móbil ou xogar nas actividades infantís.
Como novidade, este ano o Mercado do mar incorpora A Illa da Reciclaxe, un espazo dedicado a algúns dos axentes de xestión de residuos máis importantes do país, así como a Área de Medio Ambiente do Concello da Coruña, quen mostrará, de forma práctica, distintas formas de reciclar e falarannos da necesidade de reducir, reutilizar e reciclar correctamente para evitar que o lixo que producimos acabe vertido no mar. Neste espazo terán lugar diversos talleres sobre reciclaxe, ideais para as familias con nenos. Tamén teremos colectores onde poderás depositar as túas pilas e baterías así como o aceite de cociña xa usado.
PROGRAMA COMPLETO
EXPOSITORES
Conservas Mar de Ardora, algas mariñas.
Conservas Currimar, conservas artesás de bonito e polbo.
Conservas Galuriña, empanadas galegas con algas mariñas e conservas artesás.
Obradoiro de lamprea, conservas e afumados de lamprea.
Mariscos do Ortegal, marisco galego de primeira calidade.
Pulponor Sociedade Cooperativa Galega, distribución de polbo conxelado.
DaVeiga, galletas mariñeiras.
Coído de Sabadelle, auga de mar embotellada para uso alimentario.
Pescaderías, selo da Xunta para a promoción do peixe e mariscos procedentes da frota artesanal.
Asoc. Redeiras Illa da Estrela de Corme, artesanía elaborada con redes de pesca.
Asoc. de Redeiras do Baixo Miño Atalaia da Guarda, artesanía elaborada con redes de pesca.
Cuatro Pececitos, artesanía con restos atopados no mar.
Tödai, deseño, serigrafía e moda con tecidos ecolóxicos.
APAMP, artesanía con deseños mariños.
Retoque Retro, reciclaxe e arte con restos atopados no mar.
Sálvora cosmética, cosmética ecolóxica a partir de algas pardas de Galicia.
Asociación Galega de Actividades Náuticas-Agan+, cruceiros costeiros polas rías galegas.
ILLA DA RECICLAXE
Un lugar para aprender como funciona unha depuradora e converter o lixo electrónico en pezas artísticas, entre outras moitas actividades que nos ensinarán como reciclar para salvar os mares.
Concello da Coruña, Área de Medio Ambiente e Mobilidade Sustentable.
ERP, sistema integrado de xestión de residuos de aparellos eléctricos e electrónicos, pilas e acumuladores.
ECOEMBES, sistema de recuperación de envases en España.
Actividades relacionadas
Dende o 04/05/2024 ata o 05/05/2024
Calendario e proceso de inscrición:
Preinscrición: a partir do xoves 4 de abril ás 9.00 ata o venres 5 de abril ás 20.00 h. Cubrindo este formulario.
** Os irmáns ou irmás deben ir no mesmo formulario ou do contrario entrarán a sorteo con outro número diferente e polo tanto independente.
Publicación de listaxes: o martes 9 de abril ás 10.00 h.
Nesta listaxe figurará o número de sorteo asignado por rigorosa orde, así como o DNI dos/das proxenitores/as dos/as aventureir@s prescritos.
Sorteo: mércores 10 de abril no Fórum ás 10.00 h.
Publicación das listaxes de prazas adxudicadas: venres 12 de abril ás 10.00 h.
Ao longo da mañá do 12 de abril mandaremos o correo de confirmación da praza.
08/05/2024
10/05/2024
24/05/2024
29/05/2024
31/05/2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible