A mostra, titulada Míticos non leito, está integrada por unha ducia de pinturas e tres figuras.
Para público en xeral
Dende o 19/11/2020 ata o 22/12/2020
Xa rematou
A exposición poderá visitarse ata o próximo 22 de decembro, de luns a venres, en horario de 12,00 a 14,00 e de 17,00 a 20,00 horas, e os sábados entre as 12,00 e as 14,00. A entrada é libre e gratuíta.
Colexio Oficial de Médicos da Coruña. Rúa Riego de Agua 29, 1º. 15001 A Coruña
A mostra componse dunha ducia de pinturas e tres figuras con forma de ovo, un elemento recorrente na obra do artista. Os cadros expostos están feitos en óleo sobre PET, e en todos móstrase a actores e artistas galegos encarnando a personaxes da mitoloxía grega e romana -como Prometeo, Hércules ou Higía- sobre unha cama.
Nas pinturas pode apreciarse a preocupación do artista pola composición e o seu gusto polo surrealismo, ademais do seu interese pola mitoloxía clásica, especialmente a grega, "que aborda temas universais e é a orixe da cultura occidental

Dende o 18/12/2025 ata o 06/01/2026

Dende o 05/11/2025 ata o 10/01/2026

Dende o 03/12/2025 ata o 28/02/2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible