Asemblea semanal
Xuvenil, Asociaciones o centros escolares, Para público en xeral
30/11/2017
Xa rematou
Ás 17.00 h
Centro Social Sagrada Familia. Rúa Sagrada Familia 26, Bj. 15007 A Coruña
De balde
Concellaría de Participación e Innovación Democrática
Departamento de Mocidade
xuventude@coruna.es
MOCIDADE SF é un proxecto de dinamización xuvenil que se desenvolve no Barrio da Sagrada Familia co obxectivo de crear un espazo de referencia para a mocidade da Sagrada Familia e arredores, onde a xuventude poida realizar actividades do seu interese en grupo.
Esta iniciativa nace dunha proposta da cidadanía ao Concello, que este recolle -a travésda Concellaría de Participación e Innovación Democrática- para incidir na mellora da súa calidade de vida así como da veciñanza.A filosofía deste proxecto basease en escoitar os intereses e necesidades da mocidade,crear vínculos de confianza coas persoas e dotarlles de ferramentas para que elasmesmas poidan organizarse e decidir dentro de este espazo.
Deste xeito, ponse en marcha unha experiencia de aprendizaxe para a participación; unha iniciativa na que os grupos de mozas e mozos -que quedan normalmente excluídas dos espazos de decisión formulan as súas inquietudes e elaboran respostas propias de acción para a transformación da súa realidade e mellorar as súas opcións de ocio e tempo libre.
En MOCIDADE SF participan diferentes persoas dinamizadoras que colaboran coamocidade asistente a levar a cabo as súas ideas de actividades para o espazo.
Para achegar propostas, tomar decisións e planificar todo o que se vai a levar a cabo no espazo, semanalmente realízase unha asamblea aberta a todas as mozas e mozos que queran participar.
Cando? Os xoves ás 17.00 h
Onde? No Centros Social Sagrada Familia, na 4ª planta, que é onde está ubicado o espazo de MocidadeSF
Como podo participar? A participación é aberta, só tes que presentarte e formar parte do espazo MocidadeSF
E se queredes compartir unha suxestión ou interese e non podedes achegarvos ...
Podedes facelo a través das diferentes canles do programa:
• Correo: xuventude@coruna.es
• Twitter: @corunaparticipa #MocidadeSF
• Facebook: www.facebook.com/corunaparticipa
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible