Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

MOSTRART 39 edición

A cita anual coa Artesanía de Galicia

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 29/07/2023 ata o 27/08/2023

Inauguración: 29 de xullo ás 12.00 h

Xa rematou

Horario:

Das 11.00 ás 14.00 h e das 17.30 ás 22.00 h

Enderezo:

Xardíns de Méndez Núñez. Xardíns de Méndez Núñez s/n. 15006 A Coruña

Páxina web:

www.galegadeartesans.org/mostrart

Organiza:

Asociación Galega de Artesáns - Concello da Coruña coa colaboración da Fundación Pública Artesanía de Galicia, Xunta de Galicia e Deputación da Coruña

Este ano Mostrart acolle a 66 artesás e artesáns profesionais en 43 casetas. 52 dos participantes son obradoiros artesáns inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia e acollidos ao sistema da Marca de Artesanía de Galicia. Cóntase, ademais, coa participación de 16 talleres artesáns doutras comunidades autónomas e cun participante de Francia.

O cartel desta edición é obra do recoñecido ilustrador Javier Fernández Carrera, Pintu, e representa o deus grego Hefestos, que nunha das súas atribucións representa a Artesanía e, máis concretamente os oficios relacionados co lume, a forxa e os metais. A ilustración é o resultado da colaboración con distintos artesáns e artesás que achegaron pezas para a montaxe de forxa, xoiaría, produtos téxtiles, marroquinaría, instrumentos... 

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión