Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Musicando no Nadal: "A Casa do Terror", de Xoán Curiel e a Banda do Verán

IMPORTANTE: Sentímolo, pero por unha equivocación, temos que ofrecer só un pase, ás 18.30 h. Contactaremos coas familias que teñen a entrada para as 17.00 h. Se poden asistir ás 18.30 h, a súa entrada é igualmente válida. Desculpen as molestias.

A quen vai dirixido?:

Familias con crianzas de 4 a 6 anos

A quen vai dirixido:

Familias, Para público en xeral

Cando:

03/01/2020

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 19/12/2019 ata o 03/01/2020

A inscrición comezará ás 10.00 h. Para crianzas entre 4 e 6 anos, acompañadas dunha persoa adulta. Precisan entrada todas as persoas que acudan ao espectáculo. Se por algún motivo non puidésedes vir á actividade, agradeceriámosvos que nolo comunicásedes para que poidan asistir outras persoas.

Formulario de inscrición

Horario:

18.30 h 

Duración:

60 min aprox.

Enderezo:

Centro Cívico Os Mallos. Avda. de Arteixo 147. 15007 A Coruña

Prezo:

De balde e con inscrición previa

Organiza:

Servizo de Normalización Lingüística

Contacto:

lingua@coruna.es

981 184 200 ext. 34322

Documentos:

Musicando-no-Nadal-cartel-web-2020.jpg (576 KB)

Xoán Curiel e a Banda do Verán traen á Coruña o moi rockeiro e terrorificamente divertido concerto baseado no libro-CD "A Casa do Terror".

Tras o seu éxito con "Estamos no verán!!!", editado por Galaxia, Xoán Curiel e a Banda do Verán presentan un novo musical cheo de rock e de terror trouleiro que se desenvolve entre cancións, danzas, elementos teatrais ou de clown e, sobre todo, moita participación do público asistente.

A perspectiva do terror é abordada neste espectáculo dun xeito divertido e lévase a cabo a través de personaxes como as pulghas sombis, o lobo lover, os ratatiburóns, os gativampiros, o monstro da lavadora, a pantasma con asma e moitas máis!

A actividade desenvolverase no Centro Cívico dos Mallos ás 18.30 horas. 

Organiza o Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Coruña dentro do programa Apego.

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión