Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

"Nada que ver", de Iago Prada

A Asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros programa dentro do seu ciclo Cinema de Barrio o documental de Iago Prada "Nada que ver".

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

04/04/2022

Xa rematou

Horario:

19.30 h

Enderezo:

Cines Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

Para acceder á proxección será necesario inscribirse previamente en ozagaiteiraoscastros2@gmail.com

Requisitos:

- Non poderán acceder ao evento aquelas persoas con síntomas compatibles coa COVID-19, aquelas diagnosticadas coa enfermidade e que non finalizasen o período de illamento ou as persoas que se atopen en período de corentena domiciliaria por ser contacto estreito con algunha persoa con síntomas ou diagnosticada de COVID-19.

- Evitar aglomeracións tanto en exterior como en interior do recinto.O acceso farase de maneira ordenada gardando a distancia de seguridade mínima dun metro e medio.

- En todo momento, tanto na espera, acceso e permanencia dentro do recinto, se seguirán as instrucións do persoal e deberase:

  • Usar máscara de forma obrigatoria.
  • Prestar atención e cumprir coa información da cartelería e das persoas responsables da seguridade.
  • Prestar atención e respectar a sinalética en canto a distancias de seguridade, sentidos de circulación, localización, quenda de espera etc.
  • Aplicar solución hidroalcohólica nas mans ao entrar e ao salír do recinto e dos baños.

- Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar a proxección deben facelo con reserva de entrada.

- Uha vez que comece a proxección non se permitirá acceder á sala.

RECOMÉNDASE:

Limitar o máximo posible o uso dos aseos.

Actuar con responsabilidade.

Organiza:

Asociación Veciñal Oza Gaiteira Os Castros

Contacto:

ozagaiteiraoscastros2@gmail.com

A Radio Comunitaria da Coruñ, CUAC FM 103.4 estreou o pasado mes de febreiro no Teatro Colón o documental "Nada que ver" dirixido por Iago Prada. Trátase dun percorrido histórico a través dos máis de 25 anos transcorridos desde a inauguración en marzo de 1996.

O documental foi posible grazas a unha subvención da Área de Cultura da Deputación da Coruña e á colaboración do Concello e da Universidade da Coruña.

Fórum Metropolitano, o día 4 de abril de 2022 ás 19.30 h.

Para acceder á proxección será necesario inscribirse previamente en ozagaiteiraoscastros2@gmail.com

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión