Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

NOCTURNA, UNHA AVENTURA MÁXICA de Adriá García, Víctor Maldonado

Cinema de animación para público familiar

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

03/01/2026

Horario:

17.30 h

Duración:

80 minutos

Enderezo:

Cines Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

Prezo: 3,00 €

Descontos

Carné novo, maiores 65 anos, persoas desempregadas 2,00 €

Requisitos:

NORMAS DE ACCESO Ao RECINTO

  • Rógase puntualidade. Unha vez comezada a proxección non se permitirá o acceso á sala nin se garante se se abandona a sala durante a mesma
  • Ao acceder á sala de cinema poderase pedir o documento que acredite o beneficio dalgún dos descontos aplicables segundo política de descontos
  • Non se admiten cambios nin devolucións excepto en caso de suspensión
  • Non se permite o consumo de alimentos ou bebidas na sala
  • Non está permitido gravar ou fotografar as películas
  • Apaguen os móbiles antes de que comece a proxección. O seu son e luz molestan ao público asistente
  • As salas de cinema teñen reservado o dereito de admisión
  • Por normativa de evacuación, todas as persoas que accedan ás salas de cinema teñen que contar con entrada, independentemente da idade que teñan e de que ocupen ou non butaca
  • Os cochecitos e soportes de bebés deixaranse nos espazos habilitados para eles fóra da sala. O persoal do edificio daralles indicacións
  • Recomendamos consultar a sinopse e idades recomendadas das películas
  • Garde as súas localidades durante a proxección; poderán ser requiridas polo responsable da sala
  • A organización resérvase o dereito de recolocación da localidade por causas xustificadas e necesarias

RECOMÉNDASE:

  • Actuar con responsabilidade

Organiza:

Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE)

Contacto:

forummetropolitano@coruna.gal

Animación

España 2007

80 minutos - VO

Apta para todos os públicos

HORARIO: 17.30 h

¿Que é o que fai á noite tan misteriosa? ¿Que nos fai durmir, soñar e espertar pola mañá cos ollos pegados, a boca seca e o pelo revolto, cos pés fóra da cama, o pixama polos xeonllos e unhas incontido ganas de facer pis? ¿Seica hai alguén nalgún lugar, velando para que todo ocorra como ten que ocorrer? Certo é que Tim nunca se fixo estas preguntas, pero desde o momento en que, sentado sobre o tellado do orfanato abandonado, viu caer do ceo aquela pequena e fráxil estrela, empezou a darse conta de que algo non era como el imaxinaba.

VENDA DE LOCALIDADES

  • Venda en liña: ataquilla.com
  • Venda en despacho de billetes Fórum: unicamente días de proxección desde media hora antes (sempre que queden localidades dispoñibles)
  • Venda en despacho de billetes Praza de Ourense: de luns a venres de 11.00 h a 15.00 h e de 16.30 a 19.30 h (excepto festivos)

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión