Comeza unha nova edición do programa de ocio para a mocidade
Mozas e mos de 12 a 30 anos
Juvenil
Desde el 16/11/2020 hasta el 05/12/2020
Ya ha finalizado
Inscrición semana para as actividades. Consultar programa
Gratuito
Área de Benestar Social
Servizo de Participación e Mocidade
A fin de semana do 20 e 21 de novembro ponse en marcha unha nova edición do Nocturnia, o programa de lecer saudable da área de Benestar Social do Concello da Coruña. Este programa, organizado desde o servizo de Participación e Mocidade busca proporcionar alternativas de lecer e tempo libre a mozas e mozos de entre 12 e 30 anos da cidade.
Esta edición preséntase nun formato especial xa que, debido á palicación das diferentes restricións e medidas de seguridade, reducíronse os aforos das actividades tanto en exterior como en interior axustados á normativa. Isto fai que moitas actividades preséntanse desdobradas: haberá dúas sesións das actividades, en horarios diferentes, co que poder ofrecer as mesmas prazas pero en pequenos grupos de participantes
Como podes participar?
1. Bótalles un ollo a todas as actividades. Lembra que son para persoas de entre 12 a 30 anos... E todas as actividades son gratuitas :)
2. Mira as datas, os lugares e as horas nas que teñen lugar
3. Se xa sabes a cales ir, inscríbete nos prazos semanais. OLLO, que hai novidades!
- Nesta edición cada actividade ten un aforo moi reducido cumprindo coa normativa sanitaria vixente
- Haberá desdobre de actividades: moitas actividades terán dúas sesións no mesmo día
- Non está permitido inscribirse as dúas sesións dunha mesma actividade. No caso de facer a inscripción para as dúas sesións esta será anulada.
- As inscricións ábrense os luns ás 16.00 h e pechanse os xoves ás 12.00 h, ou ao esgotar prazas.
- Se as actividades son de continuidade só hai que inscribirse unha vez
4. As actividades cumprirán rigurosamente coa normativa sanitaria aplicable ás actividades de ocio e tempo libre para a mocidade. Nocturnia ten un protocolo que será enviado a cada participante e deberá aceptarse a través dunha declaración responsable
5. Segues con dúbidas? Consúltanos calquera cousa que precises a través do correo electrónico nocturniacoruna@gmail.com
IMPORTANTE: non esquezas traer ou teu DNI ás distintas actividades nas que te inscribes.
Se es menor de idade, lembra que tes que traer a autorización materna/paterna ou da persoa responsable legal, ademais da copia do DNI da persoa que autoriza.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible