Unha noite no museo
Familias, Infancia
19/11/2016
Xa rematou
20 euros ( 36 euros no caso de 2 irmáns/irmás, 48 euros no caso de ser 3. Noutros casos, consultar). Inclúe a cea do sábado (bolos con salchicha, tortilla, croquetas e bocadillos variados, froita e zumes), o almorzo do domingo (galletas, bolos, leite con chocolate, zumes e froita), así como os materiais.
981 184 293
Se o queres pasar ben...... atrévete a internarte nun mundo fantástico, cheo de sorpresas, onde todo é posible... un museo da nosa cidade virá ao Fórum por unha noite. Os obxectos, os personaxes... estarán no Fórum para facer da nosa noite unha velada divertida e única pero ollo!, as cousas non son o que asemellan...
Viste con espírito aventureiro e prepárate para vivir unha noite divertida na que nada vai ser o que parece.
Explora os recunchos do Fórum para axudar a encontrar e descubrir os personaxes e os segredos que esconde un dos museos máis emblemáticos da nosa cidade trasladado ao Fórum
Demostra o teu valor realizando as aventuras máis intrépidas e aloucadas xamais vividas.
Goza dunha noite incrible, onde, por raro que pareza, todo pode acontecer.
Requisitos para participar na actividade
Inscrición: para as nenas e nenos que están nas actividades do programa de lecer de ambos os centros: na conserxaría do Fórum Metropolitano ou de Ágora, do 29 de outubro ao 5 de novembro (incluídos), de 9.00 a 20.00 h, de luns a venres e os sábados de 9.00 a 13.30 h
Para as demais persoas interesadas: a partir do luns 7 de novembro, por rigorosa orde de inscrición.
Prazas limitadas (150 participantes). Se non se cubriren un mínimo de 100 prazas, suspenderase a actividade e devolveráselles o importe da inscrición.

Dende o 22/12/2025 ata o 07/01/2026
Abrirase o día 1 de decembro, na nosa páxina web www.coruna.gal/cultura o formulario para a inscrición.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible