A Viradeira Produccións presenta o seu novo show de humor e musical “Noites de estrelas” cuxa xira galega se estrea no Teatro Colón da Coruña, e faino da man de catro mestres do humor galego e nacional: Isi, Patricia Vázquez, Manuel Manquiña e Sergio Pazos.
Para público en xeral
24/03/2018
Xa rematou
20:30 h
Platea 17 €
Palcos 15 €
Principal 13 €
Por primeira vez xuntos nun mesmo escenario protagonizarán os 4 monólogos máis esperados da tempada. O resultado será un vertixinoso espectáculo de hora e media de humor variado, arriscado e entrañable, onde a improvisación, o xogo co público e a ironía xogarán un papel importante.
Abrirá e cerrará o espectáculo a orixinal formación musical The Funkles. Trátase dunha banda tributo cuxo amor por The Beatles e os ritmos funk, soul e jazz levounos a crear un universo sonoro e único que sorprende e fascina a todas as persoas que os escoitan. A traxectoria de The Funkles foi meteórica, participaron en varios festivais nacionais e internacionais que os levaron a actuar en países como Rusia, Inglaterra, Portugal ou Finlandia.
Valo perder?
VENDA DE ENTRADAS
Despacho do Teatro Colón: Consultar horarios de apertura.
Sede Afundación: de luns a sábado de 9.00 h a 21.00 h. Rúa Cantón Grande, 8.
Televenda: 902 504 500, de luns a sábado non festivos de 8.00 h a 22.00 h.

19/12/2025

20/12/2025
Entradas á venda o 17 de xullo de 2025 desde as 12.00 h

Dende o 19/12/2025 ata o 20/12/2025

22/12/2025

23/12/2025

27/12/2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible