O Russian National Ballet fúndase en 1989, cando o lendario solista do Teatro Bolshoi de Moscova, Sergei Radchenko intenta realizar a súa visión dunha compañía que reunise os elementos máis clásicos das grandes compañías de Ballet Kirov e Bolshoi nunha nova compañía de ballet independente dentro do marco do ballet clásico ruso.
Para público en xeral
17/12/2016
Xa rematou
20.30 horas
Os principais bailaríns de toda Rusia forxan baixo a dirección de Radchenko unha emocionante compañía, poñendo en escena novas producións de clásicos atemporais como 'Giselle', 'Don Quixote', 'Paquita' e 'Carmen'.
Desde os seus inicios, o Russian National Ballet completou numerosas xiras por Europa, con extraordinarias recepcións en Italia, Francia, España, Alemaña e os Países Baixos, ademais de Reino Unido, incluíndo numerosas representacións no famoso Coliseo de Londres.
A compañía realiza, ademais, xiras por todo o mundo, destacando as realizadas con grande éxito por Turquía (no Festival de Istambul), Grecia (Festival de Atenas), Xapón, Corea, Singapur e Hong Kong. Baixo a dirección de Sergei Radchenko, o Russian National Ballet continúa ampliando o seu repertorio.
Ademais da posta en marcha de novos traballos tanto en Rusia como no estranxeiro, a compañía especialízase nos ballets máis complexos do século XX, como 'A Cincenta', 'Romeo e Xulieta', 'A lenda do amor', 'Flor de pedra' e 'A idade de ouro'. Elena Radchenko investigou as producións orixinais en canto a coreografía e escenografía de varios ballets clásicos de Marius Petipa, incluíndo novas producións no ano 2000 de 'Don Quixote', 'Paquita' e unha recreación de 'Giselle' de Jules Perrot e de Jean Coralli.
O Russian National Ballet percorre de costa a costa os EE.UU. todas as tempadas nunha longa xira mostrando o seu amplo repertorio nas máis importantes salas e teatros do país americano.
Nacido en 1944, Serguei Radchenko se gradúa na Escola de Danza de Moscova, para formar parte como Gran Solista da Compañía do Teatro Bolshoi durante 25 anos. Bailou todo o repertorio do Bolshoi, alcanzando unha especial reputación nas danzas españolas, particularmente no papel de toureiro na obra de Bizet-Schedrin 'Carmen', sendo a parella de baile de Maya Plesietskaya.
S. Radchenko é o fundador do Ballet Nacional Ruso co que realiza un encomiable labor ao longo de máis de vinte anos, mostrando por todo o mundo a grandeza e mestría da danza clásica rusa. Ademais, S. Radchenko é habitualmente convidado polos estamentos máis importantes a nivel mundial para impartir master-class, facendo patente o liderado da escola do Teatro Bolshoi de Moscova.
S. Radchenko é desde 1976 Artista Honorario do Pobo da URSS.
Entidades

14/12/2025
INICIO DAS VENDAS: O venres anterior a cada espectáculo, nos horarios habituais da praza de Ourense e en Ataquilla.com

Os días 10/12/2025, 11/12/2025, 12/12/2025, 13/12/2025, 14/12/2025

19/12/2025

20/12/2025
Entradas á venda o 17 de xullo de 2025 desde as 12.00 h

Dende o 19/12/2025 ata o 20/12/2025

22/12/2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible