O Apalpador é un carboeiro pobre cuxas únicas propiedades son un castiñeiro e un magosteiro.
Familias, Infancia
28/12/2018
Xa rematou
17:00 h
- Pídese puntualidade. NON SE PERMITIRÁ O ACCESO Á SALA UNHA VEZ QUE COMECE A FUNCIÓN
Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
3,00 euros
Abono 3: (3 entradas para a mesma función) 6,00 euros
* Deberán ter entrada todas aquelas persoas que accedan ao espazo no que terá lugar o espectáculo.
981 126 229 (Fundación Mª José Jove)
A súa gran preocupación é conseguir que os/as cativos/as non lle rouben as castañas. Ata que un día, preséntaselle na carboaría unha velliña aterecida de frío e de fame. El, compadecido, ofrécelle teito e castañas do seu magosto. A velliña que é unha meiga, ante a súa bondade, ofrece cumprirlle tres desexos e o apalpador, movido pola súa teima mais inmediata, pide que quen toque o seu castiñeiro quede pegado para sempre nel, que a quen colla as castañas do chan o engula a terra e quen meta na man no seu magosteiro quede dentro encarcerado. Con estes tres desexos conseguirá non obstante vencer a Morte. O Gobernador do mundo ao ver os efectos devastadores da desaparición da Morte obrigará o Apalpador a ceibala. E o Apalpador ceibaraa pero antes asegurarase de que a el non lle toque xamais. Convertido nun ser inmortal, liberado da necesidade de comer, e vendo que as castañas se lle estragan todos os anos, decide repartírllelas aos nenos e ás nenas que pasan fame. Por iso, desde daquela, percorre o mundo apalpando as barrigas dos/as nenos/as e deixándolles unha presiña das castañas do seu castiñeiro a aqueles/as que a teñen baleira.
de Fantoches Baj
VENDA DE ENTRADAS
Despacho central da praza de Ourense: de luns a venres (agás festivos) de 9.30 a 13.00 h e de 16.30 a 19.30 h
Despacho da Fundación: aberto só os días de función desde unha hora antes (só se quedan entradas dispoñibles)
Televenda: 902 044 226 (luns a venres de 9.00 a 22.00 h; sábados de 14.00 a 22.00 e domingos de 16.00 a 21.00 h) ou web

16/12/2025
Dende o 09/12/2025 ata o 16/12/2025

16/12/2025
Dende o 09/12/2025 ata o 16/12/2025
Require inscrición

17/12/2025
Dende o 10/12/2025 ata o 17/12/2025

19/12/2025
Non precisa inscrición. Acceso libre ata completar aforo.

20/12/2025
Entradas á venda o 17 de xullo de 2025 desde as 12.00 h

20/12/2025
Dende o 13/12/2025 ata o 20/12/2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible