Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

O colectivo LGTBIQ+ nas escolas galegas. O camiño percorrido e o que queda por percorrer

Educación nas marxes. Conversas arredor da equidade, a diversidade e a calidade nas marxes do sistema educativo galego. Coordinado por Lara Crespo.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

03/11/2022

Xa rematou

Inscricións:

Acceso libre até completar a capacidade.

Horario:

Das 19.00 h ás 20.00 h.

Duración:

1 hora

Enderezo:

Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Contacto:

bforum@coruna.gal

Tel.: 981 184 298

O xoves 3 de novembro ás 19 h. temos a segunda conversa do ciclo Educación nas marxes na Biblioteca Fórum Metropolitano. Falaremos de O colectivo LGTBIQ+ nas escolas galegas. O camiño percorrido e o que queda por percorrer.

Ponentes:

  • Noemí Díaz Vázquez. Docente no IES Plurilingüe Eusebio da Guarda (A Coruña)
  • Mariña Fernández Reino. Docente do IES Campo de San Alberto (Noia)

O Ciclo "Educación nas marxes" busca conversar coas persoas da contorna coruñesa sobre a educación que sucede fora dos focos informativos. Queremos sumar voces para traballar por unha educación equitativa, diversa e de calidade que acolla a tódalas persoas e estea conectada coas súas realidades.

LARA CRESPO GARCÍA (Profesora, formadora e científica):

Apaixonada da educación e da FP. Doutora en Biomedicina, profesora de FP Básica e Grado Medio. Co-fundadora da Asociación en la Ultima Fila e Coordinadora do proxecto Master FPlaB, un máster contra o abandono escolar prematuro dos alumnos de FPB. Actualmente traballa dende A Coruña como consultora educativa independente en proxectos relacionados coa formación docente.

Actividade organizada en colaboración coa Asociación de veciños Oza, A Gaiteira e Os Castros

Tamén che pode interesar

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión