Un evento literario organizado pola iniciativa cultural de “Arte Viva”.
Para público en xeral
23/04/2022
Xa rematou
17:30 h en Reunión Recreativa e Instructiva de Artesanos ("Circo de Artesáns")
Até as 21:30 horas
Rúa San Andrés 36. 15003 A Coruña
Nel, poderemos disfrutar- e participar- no recital de micro aberto "Musas", asistir a encontros literarios, visitar un mercadiño literario ou pasear entre versos desfrutando da exposición "Literatura tendida", composta por textos de escritores de todo o mundo, no que calquera persoa que escriba poderá participar, enviando o seu texto ao correo electrónico enlacallemusas@gmail.com antes do xoves 21 de abril.
ENCONTROS: Os encontros comezarán ás 18:30. Ani Grandío (editor), Alba López (artista plástica) e Alfredo Ferreiro (organizador do Café Literario) falarán da súa vinculación co mundo literario.
SORTEOS: Tamén disfrutaremos, no transcurso da tarde, de sorteos nos que poderemos gañar diferentes produtos artesanais de artistas galegas emerxentes como "Hexageradas", "Bicos de Queixo" ou "Lavándula".
CARTA PARA UNHA PERSOA ESPECIAL: Ainda que non sexamos escritores neste evento teremos a oportunidade de deixar unha carta para algunha persoa especial no posto de "Arte Viva".
MERCADIÑO: Durante o evento pasearemos entre o traballo de Marabillarte, Sophia Holdes e Eva Galiembroidery, entre outros postos, nos que poderemos mercar os seus produtos feitos a mán.
RECITAL LIBRE DE POESÍA: O recital "Musas" comezará ás 20:30 e acollerá no escenario a calquera persoa que desexe compartir os seus escritos.
INSCRIPCIÓN E INFORMACIÓN: Poderase facer a inscripción de maneira previa contactando con "Arte Viva" nas súas redes sociais ou, no propio evento, onde tamén poderemos apuntarnos. Para máis información do "Día do Libro e a Rosa", recoméndase consultar as redes sociais de "Arte Viva".

15/12/2025
Acceso libre até completar a capacidade
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible