Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

O doc do mes: Curvy Crew, de Ida Joglar

A primeira vez que Christa subiu ao Kilimanjaro (Tanzania) foi o máis difícil que fixera nunca: sentíase fóra de sitio, demasiado lenta e, en definitiva, demasiado gorda. Nese momento non logrou chegar á cima. Anos despois decidiu rematar o que comezara.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

15/03/2022

Xa rematou

Horario:

20:00 h

* Pídese puntualidade. Unha vez que comece a proxección non se permitirá acceder á sala.

Enderezo:

Auditorio do Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

2,50 € 

Carné xove, +65 anos ou persoas desempregadas: 2,00 €

*É imprescindible presentar o documento que acredite o desconto no momento de mercar a entrada no despacho de billetes e de acceder á sala na que terá lugar a proxección.

Televenda:

Ataquilla.com

Requisitos:

- Non poderán acceder ao evento aquelas persoas con síntomas compatibles coa COVID-19, aquelas diagnosticadas coa enfermidade e que non finalizasen o período de illamento ou as persoas que se atopen en período de corentena domiciliaria por teren contacto estreito con algunha persoa con síntomas ou diagnosticada de COVID-19.

- Evitaranse aglomeracións tanto no exterior como no interior do recinto e realizarase o acceso de maneira ordenada gardando a distancia de seguridade mínima dun metro e medio.

- En todo momento, tanto na espera, acceso e permanencia dentro do recinto, seguiranse as instrucións do persoal e deberase:

  • Usar máscara de forma obrigatoria.
  • Prestar atención e cumprir coa información da cartelería e das persoas responsables da seguridade.
  • Prestar atención e respectar a sinalización en canto a distancias de seguridade, sentidos de circulación, localización, quenda de espera etc.
  • Aplicar solución hidroalcohólica nas mans ao entrar e ao saír do recinto e dos baños.

- Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo/a proxección deben facelo con entrada.

- Unha vez que comece a proxección, non se permitirá acceder á sala.

RECOMÉNDASE:

Limitar ao máximo posible o uso dos aseos.

Actuar con responsabilidade.

Organiza:

IMCE

Esta vez acompañada dun grupo de vinte mulleres de talle grande decididas a conquistar a cima de África. A todas elas sempre se lles dixo que o seu corpo as limita e que subir montañas non está feito para elas.

Con esta historia chea de sororidade, as autoproclamadas Curvy Kili Crew enfrontaranse a un reto que a elas mesmas lles parece imposible conseguir. Este é un documental que rompe cos estereotipos e pon ante un espello a presión social e o reto da autoaceptación que sofren as persoas cun corpo non normativo.

  • A directora

Ida Joglar é unha cineasta e videoartista de San Juan, Porto Rico. En 2009 mudouse á cidade de Nova York, onde completou o seu máster en Fotografía, Vídeo e Medios Audiovisuais da Escola de Artes Visuais. Editou varias longametraxes (Keep In Touch, Babysitter), así como curtas documentais como The Gaze (2018) e Evaporar (2019), que se estrearon no Fantasia Filme Festival e Cinefesta, respectivamente. Curvy Crew. Camiñando por romper estereotipos é a súa primeira longametraxe documental.

Estados Unidos - 2021

90 minutos

VO en inglés subtitulado ao español

VENDA DE LOCALIDADES

  • Venda en liña: www.ataquilla.com
  • Venda no despacho de billetes de Ágora: unicamente días de espectáculo desde 1 hora antes (sempre que queden localidades dispoñibles)
  • Venda no despacho de billetes central da praza de Ourense: de luns a venres de 11:00 a 15:00 h e de 16:30 a 19:30 h (excepto festivos)

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión