Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

O doc do mes: "Fe y libertad", de Ivana Marinić Kragić

Que ocorre cando un amor prohibido florece nun convento de clausura? Como encaixar unha crise de identidade nunha vida consagrada á relixión?

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

03/05/2022

Xa rematou

Horario:

20.00 h

* Pídese puntualidade. Unha vez que comece a proxección non se permitirá acceder á sala.

Duración:

71 min

Enderezo:

Auditorio do Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

2,50 €

(Carné xove, +65 anos ou persoas desempregadas: 2,00 €)

*É imprescindible presentar o documento que acredite o desconto no momento de mercar a entrada no despacho de billetes e de acceder á sala na que terá lugar a proxección.

Televenda:

Ataquilla.com

Requisitos:

Será de OBRIGADO cumprimento:

- Non poderán acceder ao evento aquelas persoas con síntomas compatibles coa COVID-19, aquelas diagnosticadas coa enfermidade e que non finalizasen o período de illamento ou as persoas que se atopen en período de corentena domiciliaria por teren contacto estreito con algunha persoa con síntomas ou diagnosticada de COVID-19.

- Evitaranse aglomeracións tanto no exterior como no interior do recinto e realizarase o acceso de maneira ordenada gardando a distancia de seguridade mínima dun metro e medio.

- En todo momento, tanto na espera, acceso e permanencia dentro do recinto, seguiranse as instrucións do persoal e deberase:

  • Usar máscara de forma obrigatoria.
  • Prestar atención e cumprir coa información da cartelería e das persoas responsables da seguridade.
  • Prestar atención e respectar a sinalización en canto a distancias de seguridade, sentidos de circulación, localización, quenda de espera etc.
  • Aplicar solución hidroalcohólica nas mans ao entrar e ao saír do recinto e dos baños.

- Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo/a proxección deben facelo con entrada.

- Unha vez que comece a proxección, non se permitirá acceder á sala.

RECOMÉNDASE:

Limitar ao máximo posible o uso dos aseos.

Actuar con responsabilidade.

Organiza:

IMCE

Dúas mozas monxas nárrannos en primeira persoa a súa historia de amor en común. Viven en dous conventos separados en Croacia, pero os espazos que unha vez consideraron refuxios espirituais resultan ser máis terreais do esperado. Desilusionadas coa Igrexa e os abusos dentro da institución, cheas de contradicións e impulsadas polo seu amor, toman a decisión máis difícil da súa vida: abandonar o convento e comezar unha nova vida xuntas.

Un documental intimista que segue a vida de dúas mulleres que buscan o equilibrio entre a súa orientación sexual e a súa fe para loitar por unha relación que a sociedade croata e as comunidades relixiosas non aceptan. Unha historia valente sobre a procura da verdadeira identidade e a liberdade.

Croacia 2021

71 minutos

VO en bosníaco con subtítulos en español

A DIRECTORA

Ivana Marinić Kragić é cofundadora e produtora de Marinis Media (Croacia) e membro da xunta directiva da Asociación de Cineastas de Croacia. Graduouse na Academia de Arte Dramática en 2012 en Zagreb, no Departamento de Cinematografía.

Como directora de fotografía, realizou unha ducia de curtametraxes de ficción dirixidas por Ivan Mokrović, Goran Ribarić, Luka Ćurčić e Filip Maloča. Como produtora, realizou as curtametraxes The Little Raccoon (2013), Under the Surface (2012), Journey (2012), Escape (2015), Zagreb Confidential - Imaginary Future (2016); como coproductora, a longametraxe Love Cuts (2019) e a serie de televisión The Only Way Out (2020). A súa primeira experiencia profesional obtívoa traballando en proxectos de longametraxes: Volare (2019), dirixida por Gabriele Salvatores; a serie de televisión Kiss Me First (2018), producida por Netflix; Constitución da República de Croacia (2016), dirixida por Rajko Grlić; National Hero Ljiljan Vidić (2015), dirixida por Ivan -Gorana Viteza; e Trampoline (2016), dirixida por Zrinka Matijević.

O galardoado documental Nun of Your Business é a súa primeira longametraxe como directora de fotografía e o seu debut como directora.

VENDA DE LOCALIDADES

  • Venda en liña: www.ataquilla.com
  • Venda no despacho de billetes de Ágora: unicamente os días de espectáculo desde 1 hora antes (sempre que queden localidades dispoñibles)
  • Venda no despacho de billetes central da praza de Ourense: de luns a venres de 11:00 h a 15:00 h e de 16:30 h a 19:30 h (excepto festivos)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión