Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

O estraño, de Na Hong-jin

Título en VO: Goksung

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 24/09/2020 ata o 26/09/2020

Xa rematou

Horario:

* xoves e venres ás 20.30 h

* sábados ás 17.30 e 20.30 h

* Pídese puntualidade. Unha vez que comecen as proxeccións non se permitirá acceder á sala.

Duración:

156 minutos

Enderezo:

Cines Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

Xoves, venres e sábado ás 20.30 h: 3,00 € (carné xove +65 anos ou persoas desempregadas: 2,00 €)

Sábado ás 17.30 h (sesión do/a espectador/a): prezo único 1,50 €

Abono 5 (5 entradas para 5 películas diferentes): 12,00 €

** É imprescindible presentar o documento que acredita o desconto no momento de mercar a entrada e de acceder á sala de cinema.

Televenda:

Corunacultura.sacatuentrada

Requisitos:

Será de OBRIGADO cumprimento:

• O uso de máscara (excepto aquelas persoas exentas pola lexislación vixente).

• Lavar as mans con xel hidroalcohólico á entrada e á saída do edificio.

• O uso da butaca asignada polo persoal da sala. Non está permitido o desprazamento, salvo que o persoal da sala o autorice.

• Manter a distancia de seguridade, sobre todo á entrada e á saída para evitar aglomeracións.

• Respectar a sinalización.

• Seguir en todo momento as indicacións do persoal da sala.

RECOMÉNDASE:

• Limitar o máximo posible o uso dos aseos.

• Actuar con responsabilidade.

Organiza:

Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE)

Contacto:

forum@coruna.es

A vida dun pobo coreano vese alterada por unha serie de asasinatos, salvaxes e misteriosos, que azouta a pequena comunidade rural. Os rumores e as supersticións propáganse por mor da presenza, desde hai pouco tempo, dun ancián estranxeiro que vive como un ermitán. Ante a incompetencia da policía para atopar o asasino e sen ter unha explicación racional, algúns habitantes do pobo buscan a un chamán. Jong-Gu, un policía cuxa familia está directamente ameazada, tamén cre que se trata de crimes sobrenaturais.

Dirección: Na Hong-jin

Reparto: Hwang Jung-min, Kwak Do-won

Corea do Sur, 2016 

Película non recomendada para menores de 16 anos

Venda de entradas

Despacho da pza. de Ourense: de luns a venres (excepto festivos) de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h

Despacho do Fórum: día de proxección desde media hora antes (só se quedan localidades)

Venda telefónica: 662 867 109

Para mercar entradas en liña pulse aquí

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión