Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

O galego, a Mulata e o Negro

Humilde, pero ben sentida homenaxe a Gustavo Pernas Cora, dende a nosa modesta compañía de teatro. 

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 28/01/2023 ata o 28/01/2022

Xa rematou

Horario:

19:30 h 

Se pide puntualidad, una vez comenzando el espectáculo no se permitirá el acceso a la sala.

Duración:

90 min

Enderezo:

Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

5.00 euros 

Requisitos:

 - Pídese puntualidade. Non se permitirá acceder á sala unha vez que empece a función.

- Todas as persoas que accedan ao auditorio do Forum deben facelo con entrada.

- Despois do espectáculo, se che gustou, compárteo nas redes sociais ou déixanos un comentario no noso correo forum@coruna.es

Organiza:

CARDUME Teatro

Contacto:

forum@coruna.gal

Esta obra semella ser unha reconstrución do noso pasado galaico-caribeño representado en cinco actos onde galegos, mulatas e negros dan vida a uns personaxes que se desenvolven e transforman segundo van transcurrindo os cambios políticos e sociais en Cuba dende 1886 ata o 1990. Escravos africanos, emigrantes e mulatas que amosan coas súas andanzas unha panorámica histórica en clave de humor. 

Esta comedia transcorre no Caribe, concretamente na illa de Cuba, e está dividida en cinco actos. O primeiro acto acontece no século XIX nunha Cuba de escravismo, onde a emigración era a única esperanza para moitos de atopar unha saída á miseria e, un galegom unha mulata e un negro atópanse, logo de desembarcar en sendos barcos de inmigrantes, escravos africanos, galegos e chineses (1886). O segundo acto ten lugar en plena loita independentista, no "Desastre do 98": un galego, unha mulata e un negro vense nunha encrucillada no medio da selva cubana (1898). O terceiro acto data xusto antes da II Guerra Mundial. O país estana nas mans de mafias, gansters, corrupción, e un galego, unha mulata e un negro atópanse nun cabaré (anos 30). O cuarto acto ocorre tres anos logo da caída do dictador Batista, cando a Revolución está en todo o seu esplendor coa ilusión dunha Cuba libre. A escena é nun locutorio telefónico (1962). E o quinto e último acto transcorre nunha illa perdida no medio do Océano, abeirando a tres náufragos (como non, un galego, unha mulata e un negro) que, segundo palabras do propio autorm son "víctimas de tempos difíciles, que agardaban a non se sabe moi ben a quen".

Reparto

Escena I: 

O Galego: Emigrante, Manuel Pernas

A Mulata: Intérprete, Nelly Varela

O Negro: Escravo, Carlos Novo

O Chino: José Luís G.Pampín

Escena II 

O Galego: Quinto do exército español, Emilio Caínzos

A Mulata: Guajira, Nieves Alcañíz

O Negro: Mambí, Rafa Fernández

Escena III 

O Galego: Comerciante de zapatos, Pedro Villarino 

A Mulata: Cabareteira, Flor Pérez Ferreiro 

O Negro: Vendedor de prensa, Carlos Novo 

Mr. Johnny Bobby: José Luís G.Pampín

Escena IV

O Galego: Contrabandista, José Luís G.Pampín

A Mulata: Corista, María José López Ferrer

O Negro: Contrabandista, Miguel Ángel Jares

Equipo técnico e artístico: 

Escenografía e atrezo: Rafa Fernández

Deseño de Cartel: Mode de la Cal

Coreografía: Nieves Alcañíz

Deseño de Luces e Iluminación: Matilde Blanco

Cartelería: Duettone Rotulación

Técnica de son: Andrea González

Directora técnica: Matilde Blanco

Producción: Asociación Cultural Cardume

Dirección: Matilde Blanco

Venda de localidades: Desde unha hora antes no despacho de billetes do Centro Ágora.

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión