O Gran Ballet por excelencia.
Para público en xeral
17/07/2022
Xa rematou
20:00 h
Palacio da Ópera A Coruña . Glorieta de América s/n. 15004 A Coruña
desde 30,00 € + gastos, segundo o sector
Seguindo a tradición e o espírito do ballet clásico, esta suntuosa produción do Ballet Clásico de Ucraína captura toda a beleza e o drama do auténtico ballet romántico, un clásico de todos os tempos que chama a todas as xeracións.
En cada unha das presentacións, a motivación principal do Ballet Clásico de Ucraína é coidar as tradicións e esencia do ballet clásico máis puro, facendo delas un festexo para os sentidos co encanto dos seus vestiarios e a vistosidade das súas decoracións; xerando un equilibrio fascinante coa perfección das súas liñas e a sobriedade das súas coreografías.
Cos mellores bailaríns ucraínos dirixidos pola coreógrafa Natalia Kazatska, o Ballet Clásico de Ucraína, recrea con singular mestría as obras clave do ballet universal. Esta compañía emerxente con sede na cidade de Járkov, un verdadeiro referente deste xénero, é a encargada de levar a escena obras mestras como O Lago dos Cisnes, O Cascanueces, Giselle, A Bela Dormente etc.
Unha cativadora historia de amor (un príncipe, unha fermosa nova transformada en cisne polo esconxuro dun bruxo, un engano mortal...), o virtuoso dobre papel de Odette/Odile, a forza da música de Tchaikovsky, e un dos máis grandes pas de deux (paso a dous) do repertorio do ballet, converten O Lago dos Cisnes nunha experiencia única!
Unha romántica contorna, unha coreografía espléndida e unha inesquecible historia de amor sentenciado combínanse para facer do Lago dos Cisnes un auténtico ballet clásico, aclamado polo público en todo o mundo.
Durante a súa ampla traxectoria, o Ballet Clásico de Ucraína realizou numerosas e exitosas xiras percorrendo os mellores escenarios de Europa.
VENDA DE LOCALIDADES

19/12/2025

20/12/2025
Entradas á venda o 17 de xullo de 2025 desde as 12.00 h

Dende o 19/12/2025 ata o 20/12/2025

22/12/2025

23/12/2025

27/12/2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible