Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

O lago dos cisnes

O Ballet Nacional Ruso fúndase en 1989, cando o lendario solista do Teatro Bolshoi de Moscova, Sergei Radchenko intenta realizar a súa visión dunha compañía que reunise os elementos máis clásicos das grandes compañías de ballet Kirov e Bolshoi nunha nova compañía de ballet independente dentro do marco do ballet clásico ruso.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

16/12/2016

Xa rematou

Horario:

20.30 horas

Enderezo:

Teatro Colón. Avda. de la Marina 7 A. 15003 A Coruña

Os principais bailaríns de toda Rusia forxan baixo a dirección de Radchenko unha emocionante compañía, poñendo en escena novas producións de clásicos atemporais como 'Giselle', 'Don Quixote', 'Paquita' e 'Carmen'.

Desde os seus inicios, o Russian National Ballet completou numerosas xiras por Europa, con extraordinarias recepcións en Italia, Francia, España, Alemaña e os Países Baixos, ademais de Reino Unido, incluíndo numerosas representacións no famoso Coliseo de Londres.

A compañía realiza, ademais, xiras por todo o mundo, destacando as realizadas con grande éxito por Turquía (no Festival de Istambul), Grecia (Festival de Atenas), Xapón, Corea, Singapur e Hong Kong. Baixo a dirección de Sergei Radchenko, o Russian National Ballet continúa ampliando o seu repertorio.

Ademais da posta en marcha de novos traballos tanto en Rusia como no estranxeiro, a compañía especialízase nos ballets máis complexos do século XX, como 'A Cincenta', 'Romeo e Xulieta', 'A lenda do amor', 'Flor de pedra' e 'A idade de ouro'. Elena Radchenko investigou as producións orixinais en canto a coreografía e escenografía de varios ballets clásicos de Marius Petipa, incluíndo novas producións no ano 2000 de 'Don Quixote', 'Paquita' e unha recreación de 'Giselle' de Jules Perrot e de Jean Coralli.

O Russian National Ballet percorre de costa a costa os EE.UU. todas as tempadas nunha longa xira mostrando o seu amplo repertorio nas máis importantes salas e teatros do país americano.

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión