Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

O loro de Carlos V

Unha divertida proposta para mergullarse no mundo da ópera da man de Nani García e a Orquestra Sinfónica de Galicia apta para todos os públicos.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 05/12/2019 ata o 06/12/2019

Xa rematou

Horario:

20.30  h (Pídese puntualidade. Unha vez comezado o espectáculo non se permite o acceso á sala)

Enderezo:

Teatro Colón. Avda. de la Marina 7 A. 15003 A Coruña

Prezo:

21,00 / 23,00 / 25,00 € (1ª fila de principal, VR (visibilidad reducida), 19.00 €) (carné xove, +65 anos, persoas desempregadas, -20%) (Familia numerosa: - 25% (só no despacho de billetes)).

(Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo deben facelo con entrada).

(Se vostede merca entradas con desconto nos despachos de billetes debe amosar o documento que acredite o desconto no momento de mercar a entrada do acceso ao teatro).

(Se vostede merca entradas con desconto a través do teléfono ou web, debe amosar o documento que acredite o desconto no momento de acceder ao espazo no que terá lugar o espectáculo).

Unha ópera buffa para todos os públicos baseada nunha idea orixinal do compositor Nani García. É un conto infantil e ao mesmo tempo unha obra artística con vocación de entusiasmar e emocionar o público máis esixente. Presentada no formato "singspiel", a obra contén unha intención lúdica e vitalista dende a que se saúda "A frauta máxica" de Mozart e a viveza imperecedoira das obras de Rossini. O espírito cómico transcende cada escena dende o propio deseño dos personaxes. Pero baixo esta aparencia de lixeireza atópanse sofisticados mecanismos que abren as portas a un mundo de ilusión e tenrura.

Esta nova e orixinal proposta, desborda talento en todas as súas seccións. Por un lado, a Orquestra Sinfónica de Galicia con Diego García Rodríguez á dirección. Por outra banda as voces de Borja Quiza, Francisco Corujo e Helena Abad. E ademais, Miguel Anxo Prado, como diseñador de personaxes e escenografía, a emerxente María Peinado coa dirección escénica e Baltasar Patiño coa dirección técnica.

VENDA DE ENTRADAS:

Despacho da Pza. Ourense: de luns a venres (excepto festivos) de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h

Despacho do Teatro Colón: dia de función desde 1 hora antes (só se hai entradas dispoñibles)

Televenda: 902 044 226 (de luns a venres de 9.00 a 22.00 h / sábados de 14.00 a 22.00 h / domingos de 16.00 a 21.00 h) - web

Tamén che pode interesar...

  • “ÑAM!”, de Caramuxo Teatro

    Cando:

    28/04/2024

  • 19.ª edición: Durme no Fórum

    Cando:

    Dende o 04/05/2024 ata o 05/05/2024

    Inscricións:

    Calendario e proceso de inscrición:

    Preinscrición: a partir do xoves 4 de abril ás 9.00 ata o venres 5 de abril ás 20.00 h. Cubrindo este formulario.

    * Dentro do formulario poderanse inscribir ata 4 aventureir@s que participarán co mesmo número de sorteo.

    ** Os irmáns ou irmás deben ir no mesmo formulario ou do contrario entrarán a sorteo con outro número diferente e polo tanto independente.

    Publicación de listaxes: o martes 9 de abril ás 10.00 h.

    Nesta listaxe figurará o número de sorteo asignado por rigorosa orde, así como o DNI dos/das proxenitores/as dos/as aventureir@s prescritos.

    Sorteo: mércores 10 de abril no Fórum ás 10.00 h.

    Publicación das listaxes de prazas adxudicadas: venres 12 de abril ás 10.00 h.

    Ao longo da mañá do 12 de abril mandaremos o correo de confirmación da praza.

  • Merendas con contos: Cueiros de cores

    Cando:

    07/05/2024

    Inscricións:

    Dende o 30/04/2024 ata o 07/05/2024

    Require inscrición

  • "Son animal", de Paco Nogueiras

    Cando:

    07/05/2024

    Inscricións:

    Dende o 03/05/2024 ata o 07/05/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha ou de dúas persoas adultas. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.

  • Merendas con contos: Cueiros de cores

    Cando:

    08/05/2024

    Inscricións:

    Dende o 02/05/2024 ata o 08/05/2024

    Require inscrición.

  • Merendas con contos: Cueiros de cores

    Cando:

    09/05/2024

    Inscricións:

    Dende o 02/05/2024 ata o 09/05/2024

    Require inscrición

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión