Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

"Lo que no te mata", de Alexe Poukine

Unha potente e sobria película que rompe o silencio das violacións en contornas de confianza sen vitimizar as mulleres.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

19/01/2021

Xa rematou

Horario:

20.00 h

Agradécese puntualidade. Unha vez comezada a proxección, non se permitirá acceder.

Enderezo:

Auditorio do Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

2,50 € (carné xove +65 anos ou persoas desempregadas: 2,00 €)

Requisitos:

Será de OBRIGADO cumprimento:

• O uso de máscara (excepto aquelas persoas exentas pola lexislación vixente).

• Lavar as mans con xel hidroalcohólico á entrada e á saída do edificio.

• O uso da butaca asignada polo persoal da sala. Non está permitido o desprazamento, salvo que o persoal da sala o autorice.

• Manter a distancia de seguridade, sobre todo á entrada e á saída para evitar aglomeracións.

• Respectar a sinalización.

• Seguir en todo momento as indicacións do persoal da sala.

RECOMÉNDASE:

• Limitar o máximo posible o uso dos aseos.

• Actuar con responsabilidade.

Con 19 anos, Ada foi violada tres veces nunha mesma semana por un home que coñecía ben. Unha invitación para cear desencadeou a primeira e ela non se defendeu, pero cítase dúas veces máis co seu agresor para confrontalo e buscar respostas. Unha potente e sobria película que rompe o silencio das violacións en contornas de confianza sen vitimizar as mulleres.

A historia de Ada é contada a través de múltiples voces de diferentes mulleres que constrúen o seu relato, a súa versión dos feitos e como se sentiu antes, durante e despois. Aos poucos, todas as mulleres desta película convértense nas protagonistas da historia de Ada e tamén en testemuñas das súas propias historias que, por desgraza, parten do mesmo punto de partida... Unha película coral que expón, desde as mulleres e sen vitimizalas, as sensacións contraditorias e as consecuencias despois dunha violación ou agresión sexual onde o abusador non é nin un descoñecido nin un monstro nin un acosador que actúa de noite, nas esquinas ou nos portais das casas... "That Which Does Not Kill" non é só a historia de Ada, senón unha contribución máis a visibilizar un fenómeno social moi amplo e aínda silenciado.

2019

84 min.

Bélxica

Francés

Subtítulos: catalán, castelán e inglés

Venda de entradas

Despacho de billetes da pza. de Ourense: de luns a venres (excepto festivos) de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h

Despacho de billetes de Fórum: día de proxección desde media antes (só se quedan localidades)

Venda telefónica: 662 867 109

Venda en liña: corunacultura.sacatuentrada.es

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión