Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Obradoiro en liña: Psicoloxía evolutiva, aprendizaxe e ritmo. Rimas con movemento.

Porque non é demasiado cedo para descubrir as palabras, o ritmo e as historias

A quen vai dirixido?:

Familias con bebés de 0 a 24 meses

A quen vai dirixido:

Bebés, Familias

Cando:

20/06/2020

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 13/06/2020 ata o 19/06/2020

Require inscrición

Horario:

de 12.00 a 13.00 horas

Enderezo:

Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Número de prazas:

25

Contacto:

bforum@coruna.es

Tel.: 981 184 298

Obradoiro en liña a través de Zoom: "Psicoloxía evolutiva, aprendizaxe e ritmo. Rimas con movemento".

A cargo de Raquel Penín Devesa coa participación de Tamara Chubarovsky.

Raquel Penín Devesa de AGLAIA PSICOLOXÍA é facilitadora do "Método Chubarovsky". Tras varios anos de formación con Tamara Chubarovsky, falaranos da relación entre psicoloxía evolutiva e o proceso de aprendizaxe en nenas/os de 0 a 2 anos e de como as rimas con movemento poden chegar a ser as nosas grandes aliadas na crianza.

Teremos a oportunidade neste obradoiro de contar coa participación de Tamara Chubarosky que nos explicará como unha rima de poucos segundos pode ter múltiples funcións: centrar, activar a memoria, a atención, a coordinación, a linguaxe, os vínculos e o contacto co medio, ademais de achegar alegría, benestar e autoestima.

***

Lembra que para participar neste obradoiro terás que ter descargada no teu pc, tableta ou móbil a aplicación gratuíta de videoconferencias Zoom.

Tamén che pode interesar...

  • 19.ª edición: Durme no Fórum

    Cando:

    Dende o 04/05/2024 ata o 05/05/2024

    Inscricións:

    Calendario e proceso de inscrición:

    Preinscrición: a partir do xoves 4 de abril ás 9.00 ata o venres 5 de abril ás 20.00 h. Cubrindo este formulario.

    * Dentro do formulario poderanse inscribir ata 4 aventureir@s que participarán co mesmo número de sorteo.

    ** Os irmáns ou irmás deben ir no mesmo formulario ou do contrario entrarán a sorteo con outro número diferente e polo tanto independente.

    Publicación de listaxes: o martes 9 de abril ás 10.00 h.

    Nesta listaxe figurará o número de sorteo asignado por rigorosa orde, así como o DNI dos/das proxenitores/as dos/as aventureir@s prescritos.

    Sorteo: mércores 10 de abril no Fórum ás 10.00 h.

    Publicación das listaxes de prazas adxudicadas: venres 12 de abril ás 10.00 h.

    Ao longo da mañá do 12 de abril mandaremos o correo de confirmación da praza.

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión