Arte, literatura, cine, fotografía, cociña, memoria, creatividade...
Para público en xeral
Dende o 08/01/2025 ata o 31/01/2025
CONDICIÓNS PARA PARTICIPAR NOS OBRADOIROS DO PROGRAMA DE LECER - PRIMAVERA 2025 CALENDARIO DE INSCRICIÓN E PAGAMENTO
● Pagamento dos OBRADOIROS DE CONTINUIDADE: 8 (a partir das 9.00 h) , 9 e 10 (ata ás 20.00 h) de xaneiro.
Todos os pagos que teñan data de envío posterior aos días e horas indicados non serán tramitados.
1.ª opción: a cota correspondente aboarase mediante transferencia á conta núm. ABANCA ES76 2080 0036 6230 4002 1977. É imprescindible enviar o comprobante por correo electrónico a forumagora@serviplus.org ou depositar nas conserxerías unha copia da transferencia bancaria en papel, xunto co núm. do DNI/NIE, o nome da persoa participante, o centro (Fórum ou do Ágora) e o/os obradoiro/s aboado/s.
2.ª opción: as persoas que teñan dificultades en realizar a transferencia "en liña" ou non dispoñan de correo electrónico, poderán realizar o pagamento da cota mediante tarxeta de crédito (ou efectivo), presencialmente no ÁGORA ou no FÓRUM, do 8 ao 10 de xaneiro (8 e 9 en horario das 9.00 ás 14.00 h e das 17.00 ás 20.00 h. O día 10 en horario das 09.00 ás 14.00 h)
NOVOS OBRADOIROS E NOVAS PERSOAS
● Preinscrición: do 10 (a partir das 9.00 h) ao 13 de xaneiro (ata as 20.00 h). Para preinscrición presencial será: o venres 10 e o luns 13 das 9.00 ás 14.00 h.
● Publicación das listaxes co número do sorteo: o martes 14 de xaneiro, ás 12.00 h, na páxina web municipal (/www.coruna.gal), na de Cultura (www.coruna.gal/cultura) e no servizo telefónico 010.
● Sorteo público: o mércores 15 de xaneiro, ás 10.00 h, na conserxería do ÁGORA.
● Publicación das listaxes de prazas adxudicadas e das listaxes de agarda: o luns 20 de xaneiro ás 10.00 h, na páxina web municipal e na de Cultura e no servizo telefónico 010.
● Pagamento da cota de novos obradoiros: os días 20, 21 e 22 de xaneiro.
● Adxudicación das prazas vacantes nos obradoiros sen listaxe de agarda: a partir do luns 20 de xaneiro volverá abrirse o formulario de inscrición na web para o público en xeral, e farase o aboamento do mesmo xeito que o resto, ata o 31 de xaneiro.
● Adxudicación de prazas nos obradoiros con listaxes de agarda: contactaremos telefonicamente coas persoas das listaxes de agarda para confirmar que continúan interesadas en inscribirse nos obradoiros que solicitaran. Nunha primeira volta: o día 24 de xaneiro; e a segunda volta: o día 28 de xaneiro. Realizaranse tres intentos de contacto telefónico a diferentes horas do mesmo día. De non se conseguir a comunicación, pasarase á seguinte persoa da listaxe de agarda.
● Pagamento das prazas adxudicadas das listaxes de agrada: as da 1.ª volta, o 25 ou o 26 de xaneiro; e as da 2.ª volta, o 29 ou o 30 de xaneiro.
● Adxudicación das prazas vacantes: a partir do venres 31 de xaneiro abrirse o formulario de inscrición na web para o público en xeral, e farase o aboamento do mesmo xeito que o resto, ata o 3 de febreiro.
MODO DE PREINSCRICIÓN:
1.ª opción: farase de forma telemática, a través da páxina do seguinte enlace: Programa de Lecer PRIMAVERA 2025 no Fórum: PREISCRICIÓNS
2.ª opción: facilitarase axuda telefónica (das 9.00 ás 14.00 h e das 16.00 ás 20.00 h), para aquelas persoas que non teñan correo electrónico ou dificultades de acceso a Internet, a través do teléfono 604 272 419.
3.ª opción: facilitarase axuda presencial (das 9.00 ás 14.00 h), para aquelas persoas que non teñan correo electrónico ou dificultades de acceso a Internet nos vestíbulos do Fórum e do Ágora. É importante fixarse nos horarios.
● Poderá inscribirse nun máximo de dous obradoiros. Hai que ter en conta que na adxudicación se respectará a orde de preferencia fixada pola persoa solicitante, e esta non poderá ser modificada unha vez que se realice o sorteo.
● Unha vez que se realice a inscrición recibirá no seu correo electrónico a resposta con todos os datos que apuntou. Comprobe que son correctos e garde a copia como xustificante.
● No caso de non dispoñer de correo electrónico, poderá consultar o seu número de sorteo na páxina web e no centro o 15 de xaneiro.
ADXUDICACIÓN DAS PRAZAS:
Unha vez realizado o sorteo público, as listaxes das persoas admitidas e as listaxes de agarda publicaranse o luns 20 de xaneiro ás 10.00 h, na páxina web municipal, na de Cultura e no servizo telefónico 010. Nelas figurarán o número de inscrición, o núm. do DNI/NIE da persoa solicitante así como o/os obradoiro/s adxudicado/s. As prazas de cada obradoiro adxudicaranse a partir do número de inscrición que saia no sorteo público. Adxudicaranse un máximo de dous obradoiros por persoa. En todo caso, tratarase de concederlles a todas as persoas solicitantes cando menos un obradoiro, antes de conceder un segundo obradoiro. Para adxudicar as prazas vacantes e as non aboadas, terán preferencia as persoas das listaxes de agarda que non obtivesen ningunha praza, sempre respectando a orde de numeración do sorteo.
COTA DE INSCRICIÓN PARA A PRIMAVERA 2025
- 40 € por obradoiro para as persoas menores de 65 anos. - 28 € por obradoiro para as persoas maiores de 65 anos, cumpridos antes do inicio dos obradoiros.
PAGAMENTO DA COTA: do 20 ao 22 de xaneiro (os tres días incluídos).
1.ª opción: a cota correspondente aboarase mediante transferencia á conta núm. ABANCA ES76 2080 0036 6230 4002 1977
É IMPRESCINDIBLE enviar o comprobante por correo electrónico a forumagora@serviplus.org ou depositarase nas conserxerías unha copia da transferencia bancaria en papel, xunto co núm. do DNI/NIE, o nome da persoa participante, o centro (Ágora ou Fórum) e o/os obradoiro/s aboado/s.
2.ª opción: as persoas que teñan dificultades en realizar a transferencia "en liña" ou non dispoñan de correo electrónico, poderán realizar o pagamento da cota mediante tarxeta de crédito (ou efectivo), presencialmente no ÁGORA ou no FÓRUM, das 9.00 ás 14.00 h e das 17.00 ás 20.00 h os días 20, 21 e 22 de xaneiro, para os NOVOS OBRADOIROS.
No caso de non se realizar o pagamento nos ditos prazos a praza quedará vacante, e serán chamadas as persoas solicitantes da listaxe de agarda para cubrila. Se unha vez aboada a cota non fose posible realizar o obradoiro, só se devolverá o seu importe se outra persoa solicitante ocupa a praza, coa data límite do venres 14 de febreiro. Para os aboamentos das prazas vacantes ou en listaxe de agarda, o aboamento de forma presencial será exclusivamente das 10.00 ás 14.00 h.
INICIO E REMATE DOS OBRADOIROS: comezarán a partir do luns 3 de febreiro e rematarán o sábado 31 de maio, no día e hora que lle corresponda a cada obradoiro.
Os obradoiros só se porán en marcha cun mínimo de 12 participantes.
Documentos relacionados
Dende o 08/01/2025 ata o 31/01/2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible