Inscrición previa ata completar as prazas: 981189850 (de martes a sábado de 10:00 a 19:30 h.)
público de 6 - 12 anos
Infancia, Para público en xeral
Os días 16/07/2016, 23/07/2016, 30/07/2016, 06/08/2016, 13/08/2016, 20/08/2016
Xa rematou
Sábados ás 12:00 h.
aprox. 1.5 h
Castelo de San Antón. Paseo Alcalde Francisco Vázquez 2. 15001 A Coruña
gratuito
OBRADOIROS MONOGRÁFICOS:
1. Sábado 16 de xullo:
XOIAS CASTREXAS: Os asistentes visitarán a sala da idade do ferro na que coñecerán diferentes exemplos de xoias castrexas, para a continuación elaborar un torques.
2. Sábado 23 de xullo:
PINTURA RUPESTRE: Os nenos coñecerán as técnicas e os motivos decorativos empregados polos homes e mulleres da Prehistoria para decorar as paredes das súas covas, para a continuación, empregando pintura de mans, crear a súa propia pintura rupestre.
. Sábado 30 de xullo:
SELO DE ALFAREIRO: TERRA SIGILLATA. Coñecerán as funcións, formas, decoracións e características particulares da cerámica romana coñecida como terra sigillata, a través das pezas expostas nas vitrinas do museo, para facer logo o seu propio selo de alfareiro tallado sobre goma.
. Sábado 6 de agosto:
MOSAICO ROMANO: Despois dunha breve explicación sobre a técnica musivaria e logo de coñecer varios exemplos no museo, os rapaces elaborarán un mosaico empregando os patróns e as teselas que se lles proporcionan.
. Sábado 13 de agosto:
CERÁMICA CASTREXA: tras achegarnos ás labores artesáns de fabricación de obxectos cerámicos dos nosos antepasados castrexos, os nenos modelarán coas súas mans un cacharro de barro, inspirándose en formas e decoracións das pezas orixinais que verán no museo.
. Sábado 20 de agosto:
EXÉRCITO ROMANO: Nunha primeira parte se visitarán as vitrinas dedicadas aos campamentos romanos, para converterse logo en lexionarios e centurións, construíndo o seu propio casco, espada e escudo.

17/12/2025
Dende o 10/12/2025 ata o 17/12/2025
Require inscrición

20/12/2025
Dende o 13/12/2025 ata o 18/12/2025
Require inscrición

Dende o 20/12/2025 ata o 04/01/2026
Apertura prazo de inscrición: mércores 10 de decembro ás 10.00 h

Dende o 22/12/2025 ata o 07/01/2026
Abrirase o día 1 de decembro, na nosa páxina web www.coruna.gal/cultura o formulario para a inscrición.

17/01/2026
Dende o 10/01/2026 ata o 15/01/2026
Require inscrición

28/01/2026
Dende o 21/01/2026 ata o 28/01/2026
Require inscrición
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible