Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

On d Bass. Vol. 5

On d Bass chega á súa 5.ª edición.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

17/06/2023

Xa rematou

Horario:

20.00 h

Apertura de portas ás 20.00 h

Enderezo:

Sala O Túnel . Avda. Francisco Pérez Carballo 2. 15008 A Coruña

Prezo:

  • 10.00 h

Condicións de compra:

· A entrada é nominal. Non se admiten cambios de entradas, nin da titularidade destas, nin devolucións.

· No momento da compra das entradas débese indicar o nome, apelidos e DNI (NIE ou pasaporte) das persoas asistentes tal e como figuran nos seus DNI.

· Para poder acceder ao Coliseum, a persoa titular da entrada deberase identificar presentando o seu DNI xunto coa súa entrada.

· No caso de que o/a titular da compra das entradas non dispoña de todos os datos para identificar as súas persoas acompañantes deberá indicar os seus propios nas entradas destinadas aos/ás ditos/as acompañantes, e obrigarse a asistir ao evento. Durante o acceso ao Coliseum todas as persoas deberanse identificar como integrantes do mesmo grupo.

Os/as menores 16 anos teñen que asistir ao evento acompañados/as dunha persoa adulta responsable maior de idade e traer a correspondente autorización asinada.

Televenda:

Ataquilla.com

Organiza:

Asociación Cultural Negus

Documentos:

AUTORIZACION-DE-ACCESO-PARA-MENORES-DE-16-ANOS---ON-d-BASS-Vol.5.pdf (79 KB)

Coa colaboración do Concello da Coruña e dentro do Programa Cultura Accesible e Inclusiva da Fundación Emalcsa, a Asc. Cult. Negus celebra o Festival Inclusivo On d Bass Vol.5

Un espectáculo con formato orixinal sound systems onde terán cabida os Djs dos obradoiros de Dj Inclusivo nunha gran festa final inclusiva, na que participarán os selectores máis representativos de Galicia Delirium Sound e Soundkilla, xunto a un dos selectores máis veteranos do País Vasco, Jah Inity Sound, que unirán forzas para dar paso á actuación do artista mallorquino Hermano L.

Dj Inclusivo, actividade dentro do programa Cultura Inclusiva da Fundación Emalcsa, e que Negus impartiu en entidades como: Down Coruña, CASCO, Artefios, o Centro de Reeducación Concepción Arenal, ASPERGA, AFACO e a Ong Ecos do Sur.

No evento irá pasando o alumnado participante nos talleres e fará as súas propias sesións.

SoundKilla Sound System (Galicia): o colectivo máis veterano de Galicia, baixo o son do seu equipo artesanal SoundKilla Soundsystem, que encherá de baixos a pista do Túnel.

Delirium Sound (Galicia): colectivo galego. Activo desde 2018. Co seu propio sistema de son realizan sesións na cidade e colaboran coa Asociación Cultural A Coruña dub club de forma regular.

Jah Inity Sound (País Vasco): coleccionista e amante da música xamaicana, selector e promotor de eventos. Comeza no 98 como percusionista da banda vasco-cubana Yoruba Kingdom, comeza a animar diferentes eventos e a dar soporte a numerosos artistas e actúa en festivais nacionais e franceses. No 2020 xunto a outros artistas, sounds e selectores, crean o Roots Ovah Evil, festival en liña transmitido en directo, co que logran unha gran repercusión internacional, e únense a diferentes artistas, produtores e colectivos da escena reggae internacional.

Hermano L (Mallorca): xunto a La Puta Opepé, Hermano L puxo a Mallorca no mapa do hip hop estatal alá nos iniciáticos primeiros anos 90, cunha proposta tan fresca como carismática que sentou as bases do estilo hip hop e reggae en castelán. Con case 30 anos de traxectoria e tras un feixe de obras mestras xunto aos seus colegas opepeiros, catro álbums en solitario, dous mixtapes e máis dun cento de colaboracións discográficas coa crema do hip hop e da escena xamaicana e estatal. Cun directo realmente enerxético que é moi versátil en canto a estilos, nel as habilidades líricas combínanse cunha capacidade de conectar coa audiencia.

VENDA DE LOCALIDADES

  • Venda en liña: Ataquilla.com
  • Venda no despacho de billetes do Coliseum: unicamente o día do concerto desde as 19.30 h
  • Venda no despacho de billetes central da praza de Ourense: de luns a venres (excepto festivos) das 11.00 ás 15.00 h e das 16.30 ás 19.30 h

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión