O xoves 23 de abril, ás 20.30 h, a galería Monty4 inaugura a última exposición da pintora Rosa Úbeda, "Os meus segredos".
Para público en xeral
Dende o 23/04/2015 ata o 30/05/2015
Xa rematou
De luns a venres: de 11.00 a 15.00 h e de 17.00 a 20.00 h.
Gratuíta.
En "Os meus segredos" Rosa móstranos o seu universo persoal a través dunha visión fragmentada da realidade. Nun primeiro nivel de representación a colaxe e o debuxo comunican de forma simbólica e onírica. A súa colaxe baséase en elementos que traballa ela mesma fóra do lenzo, papeis debuxados ou imaxes imposibles creadas a base de recortes e fotografías. A súa técnica de debuxo, desposuída de efectismos, sorprende pola sinceridade e liberdade no trazo e plásmase nun estilo salvaxe e intuitivo. Nun segundo nivel comunica a través do signo máis obvio e próximo, a palabra escrita, transmitindo referentes directos aos que o espectador se aferra para descifrar as mensaxes implícitas nas súas obras. Por último, a intensidade cromática da súa paleta engade un compoñente emocional e atmosférico ás composicións, que en moitas ocasións contraponse ás mensaxes concretas da colaxe, do debuxo e das palabras.
Con todos estes elementos, Rosa Úbeda consegue activar a nosa "infancia adulta", poñendo a funcionar os mecanismos internos dos nosos propios recordos, sacando á luz imaxes do subconsciente colectivo ou obrigándonos a desenvolver o noso propio potencial creativo ao imaxinar solucións posibles ao enigma que nos presenta. As súas obras provocan un efecto hipnótico, atraente e suxestivo no observador e achegan moito máis que o que se aprecia a nivel superficial. Son obras profundas e ambiguas que nos enfrontan con nosa propia profundidade e ambigüidade.

Dende o 18/12/2025 ata o 06/01/2026

Dende o 05/11/2025 ata o 10/01/2026

Dende o 03/12/2025 ata o 28/02/2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible