A asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros vai proxectar o documentário: "Outra Coruña Posible: Domingos Merino"
Para público en xeral
04/11/2019
Xa rematou
19:30 h
* Pídese puntualidade, unha vez comezada a proxección non se permitirá o acceso á sala.
Cines Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
de balde, ata completar a capacidade
Asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros
Un documental producido por Paula Quiroga e Lois Alcayde.
A historia dunha cidade, do seu primeiro alcalde democrático e a intrahistoria da procura da liberdade despois dunha era escura. A historia do traballador da rúa Marconi que tomou o bastón de mando O documental "Outra Coruña Posible: Domingos Merino" é un proxecto audiovisual independente -tanto en contidos coma en financiamento- dos xornalistas Paula Quiroga Rodríguez e Lois Alcayde Dans.
Paula Quiroga é a directora do mesmo, así como a co- guionista, co-produtora e encargada de imaxe, edición e post-produción, Lois Alcayde é co-guionista, co-produtor e encargado de comunicación e difusión. Ambos compaxinan o estudo do Grao en Xornalismo na USC con diversas ocupacións nos eidos do xornalismo en prensa e radio, a literatura, o audiovisuale a fotografía.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible