Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Peche do Cemiterio de Feáns por mor da alerta por vento
As instalacións municipais permanecerán pechadas ao público ata esta medianoite
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Cando:
Dende o 11/11/2025 ata o 12/11/2025
Xa rematou
Organiza:
Concellería de Medio Ambiente
O Cemiterio municipal Santa Cecilia de Feáns (Estrada Cemiterio de Feáns, 30) permanecerá pechado hoxe martes 11 de novembro de 2025 ao público como consecuencia da alerta de ventos nivel amarelo, con previsión de ráfagas de vento de ata 80 km/h. Non se poderá acceder ao camposanto entre as 00h00 do 11.11.2025 e as 00h00 do 12.11.2025.
Segundo a Agencia Estatal de Meteorología os ventos serán fortes de compoñente sul no noroeste da provincia da Coruña.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible