Pequeneces é un espectáculo que fala das cousas pequenas da vida, do descubrimento dun mundo enorme por un pequeno recentemente nado, da risa, da tristeza, dos medos, dos sentimentos,... pero sobre todo, é unha historia que fala de nenos e pais.
Familias
Os días 27/12/2015 ás 17:00 , 28/12/2015
Xa rematou
Fundación María José Jove: 17.00 h.
50 min
Fundación María José Jove. Rúa Galileo Galilei (Edificio Work Center) 6. 15008 A Coruña
3.00 euros (abono 3 familiar, 6.00 euros)
+ 3 anos
Dous titiriteiros atópanse facendo o seu espectáculo cando un dos bonecos dispara un canón. Do ceo cae unha cegoña ferida. Que terrible accidente! Inmediatamente lévana ao hospital, pero esquécense de algo. A cegoña non viña soa, estaba acompañada dun paquete do que terán que facerse cargo, darlle de comer, cambiarlle os cueiros, contarlle contos...
Unha divertida e tenra historia dun bebé e dous titiriteiros que cativa a todos os públicos, desde os papás que ven reflectida a súa propia historia, aos nenos, que seguen entre risas as aventuras do traveso bebé.
Autor: Guillermo Gil Villanueva
Adaptación: Guillermo Gil, Gerardo García Camacho
Escenografía e bonecos: Guillermo Gil, Paco García del Águila
Actores/manipuladores: Guillermo Gil Villanueva, Gerardo García Camacho
VENDA DE ENTRADAS
- Despacho de billetes Pza. de Ourense: de luns a venres (excepto festivos) de 9.30 a 13 e de 16.30 a 19.30 h (pagos en efectivo)
- Despacho de billetes Fundación María José Jove e Fórum Metropolitano: día do espectáculos desde 1 h antes (pagos en efectivo)
- Sede Afundación: de luns a sábado (inclusive festivos) de 9 a 21 h
- Televenda: 902 504 500 - www.ataquilla.com

20/12/2025
Entradas á venda o 17 de xullo de 2025 desde as 12.00 h

22/12/2025

23/12/2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible