Narra a conmovedora historia dunha nena iraniana desde a revolución islámica ata os nosos días.
Para público en xeral
Dende o 01/12/2022 ata o 03/12/2022
Xa rematou
Xoves e venres ás 20.00 h
Sábado ás 17.30 e 20.00 h
Cines Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
Prezo: 3,00 €
Descontos
Carné Xove, + 65 anos ou persoas desempregadas 2,00 €
Sesión do espectador: sábados ás 17.30 h prezo único 1,50 €
Para a aplicación dos descontos é imprescindible presentar o documento que o acredite no momento de comprar a entrada e no acceso ao lugar de proxección.
IMCE
forum@coruna.gal
Cando os fundamentalistas toman o poder, forzando as mulleres para levar veo e encarcerando a milleiros de persoas, e mentres ten lugar a guerra entre Iraq e Irán, Marjane descobre o punk, ABBA e Iron Maiden. Cando chega á adolescencia os seus pais envíana a Europa, onde coñece outra cultura que nada ten que ver coa do seu país.
A protagonista adáptase ben á súa nova vida, pero non soporta a soidade e volve coa súa familia, aínda que iso signifique poñerse o veo e someterse a unha sociedade tiránica. Voces orixinais en francés de Catherine Deneuve e Chiara Mastroianni.
Guion Marjane Satrapi, Vincent Paronnaud. Cómic: Marjane Satrapi
Música Olivier Bernet
Francia, 2007 - 95 min (VOS en castelán)
VENDA DE LOCALIDADES
Os días 25/04/2024, 26/04/2024, 27/04/2024
Os días 25/04/2024, 26/04/2024, 27/04/2024
02/05/2024
Os días 11/01/2024, 15/02/2024, 14/03/2024, 11/04/2024, 23/05/2024, 13/06/2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible