Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Pinta! Exposición de pintura de Raúl Álvarez

A sala de exposicións do Palacio Municipal de María Pita acolle ata o 17 de maio a mostra Pinta! na que Raúl Álvarez nos achega á súa obra cunha esmerada selección da súa pintura

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 10/03/2023 ata o 17/05/2023

Xa rematou

Horario:

Luns a domingo das 12.00 ás 14.00 e das 18.00 ás 21.00 h

Enderezo:

Sala de Exposicións do Palacio Municipal. Praza de María Pita 1. 15001 A Coruña

Prezo:

Entrada libre

Organiza:

Concello da Coruña

A mostra, comisariada por Pedro Taboada de Zúñiga, recolle obras realizadas polo pintor madrileño, residente na Coruña, destes últimos anos, ademais dalgúns traballos nunca expostos ao público antes e que mostran os temas sempre presentes na súa traxectoria.

As súas obras teñen como eixes principais a auga e a figura humana, que resaltan a técnica e a simboloxía que, nalgúns casos, o autor utiliza para provocar as persoas espectadoras e forzalas a sacar as súas propias interpretacións e deducións ante o que están a observar.

Este percorrido por distintas temáticas e varias técnicas pretende imbuír as persoas espectadoras no seu universo persoal, e que nos mergullemos dalgún modo nas súas pinturas para comprender por que pinta, explorando para iso a relación entre a natureza e o ser humano, sen prexuízos nin ideas preconcibidas.

Algunhas das obras viaxarán a finais de maio a Madrid para expoñerse no espazo Studio RGF, pertencente a Roberto González Fernández, recoñecido artista a nivel nacional e internacional, e a Javier Mazorra.

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión