Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Poetas di(n) versos: Ida Vitale e Manuel Rivas

POETAS DI(N)VERSOS TRAE, POR PRIMEIRA VEZ A GALICIA, Á PREMIO CERVANTES IDA VITALE

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

28/03/2022

Xa rematou

Horario:

20.00 h (Pídese puntualidade)

Enderezo:

Auditorio do Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

de balde, ata completar capacidade 

Requisitos:

Non poderán acceder ao evento aquelas persoas con síntomas compatibles con COVID-19, aquelas diagnosticadas coa enfermidade e que non finalizasen o período de illamento ou as persoas que atopen en período de corentena domiciliaria por ter contacto estreito con algunha persoa con síntomas ou diagnosticada de COVID-19.

Evitaranse aglomeracións tanto no exterior como no interior do recinto, realizándose o acceso de maneira ordenada gardando a distancia de seguridade mínima dun metro e medio.

En todo momento, tanto na espera, acceso e permanencia dentro do recinto, seguiranse as instrucións do persoal e deberase:

· Usar máscara de forma obrigatoria

· Prestar atención e cumprir coa información da cartelería e das persoas responsables da seguridade.

· Prestar atención e respectar a sinalización en canto a distancias de seguridade, sentidos de circulación, localización, quenda de espera, etc.

· Aplicación de solución hidroalcohólica en mans ao entrar e ao saír do recinto e dos baños.

• Todo o que acceda ao recinto no que terá lugar o espectáculo / proxección debe facelo con entrada

- Unha vez comezada a proxección non se permitirá o acceso á sala

RECOMÉNDASE:

Limitar ao máximo posible o uso dos aseos.

Actuar con responsabilidade.

Organiza:

Yolanda Castaño 

É unha das meirandes voces da Poesía hispánica contemporánea e practicamente un clásico en vida despois de que gabasen a súa obra autores como J.R. Jiménez, Cortázar ou José Bergamín, ademais de contar no seu extenso palmarés co Premio Reina Sofía e o mais o Premio Cervantes. Nunca antes pisara terras galegas; pero agora, o mesmo ano en que fará 99 anos, Ida Vitale (Montevideo, 1923) chegará a Galicia da man de POETAS DI(N)VERSOS, o ciclo que fundara e dirixe a tamén poeta Yolanda Castaño, impulsado mes a mes dende hai trece anos polo Concello da Coruña.

Se esta programación poética leva desde 2009 reunindo no Centro Ágora, un luns de cada mes, unha das mellores voces da poesía mundial a carón doutra en lingua galega, a cita deste vindeiro 28 de marzo será de altura. Premios Pulitzer de poesía, candidatos ao Nobel, premios Cervantes e un senfín de Nacionais de poesía dos cinco continentes teñen pasado xa polas táboas do escenario do centro situado na Agra do Orzán, con entrada sempre aberta e gratuíta. Nesta ocasión, e no recital correspondente ao mes de marzo, as que se reúnan serán, pois, dúas das plumas máis importantes das literaturas escritas en español e galego: a uruguaia Ida Vitale e o coruñés Manuel Rivas. Tamén novelista Premio Nacional de Narrativa 1996, con obras adaptadas ao cinema e unha das maiores proxeccións internacionais da historia da literatura galega, Rivas é tamén un poeta que se iniciara da man do Premio de Poesía O Facho nos primeiros anos 80, e o último dos seus dez poemarios publicados viu a luz o pasado ano: O que fica fóra (2021). Este histórico recital poético será ás 20h e unha libraría de proximidade achegará exemplares dos convidados para aquelas persoas interesadas en levar neles unha sinatura.

O seguinte recital poético producirase só unha semana máis tarde, pois o luns 4 de abril o escenario do Centro Ágora acollerá a lectura poética dun dos máis puxantes poetas mozos de Europa do leste, o letón Arvis Viguls (1987) -que se encontra este mes na Coruña na Residencia Literaria 1863 da rúa Rego de Auga con motivo da Bolsa Xacobeo para Tradutores/as de Literatura Galega- a carón de Lorena Souto (O Páramo, Lugo, 1983), un dos nomes propios da poesía galega moza.

Así se definirán os dous próximos recitais poéticos dos meses de marzo e abril, seducindo a propios e estraños coa forza da palabra poética en galego, castelán e letón. POETAS DI(N)VERSOS segue a ser o único ciclo estable que presenta poetas internacionais de maneira regular (neste caso unha vez por mes) en toda España. A lingua de comunicación de todo este programa de vocación global é o galego e en 2014 recibira o Premio da Crítica de Galicia á Mellor Iniciativa Cultural.

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión