Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Pola paz e contra as guerras: festival de artes escénicas e circenses para reivindicar o dereito a vivir en paz

Este Festival pola Paz e contra as guerras é un encontro único en que o humor, a música e a palabra se xuntan para defender a dignidade, a xustiza e os dereitos humanos. Falamos da risa como acto de resistencia, da cultura como linguaxe universal e da paz como necesidade urxente.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

31/01/2026

Horario:

19:30 h 

Duración:

75 min

Enderezo:

Auditorio do Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

Entrada de balde, por orde de chegada ata completar a capacidade do auditorio. Non é precisa reserva previa.

Organiza:

Asociación veciñal, cultural, deportiva e recreativa do barrio da Agra do Orzán "Agra"

Contacto:

No escenario van estar: Isa Risco, Mercedes Peón, Marta Sempre Arriba, Inda Pereda, Rendos Pequeno e Iván Prado.

Unha cita para rir, emocionarse e posicionarse. Unha celebración colectiva da cultura comprometida, da tenrura combativa e da solidariedade internacional.

O festival Pola Paz e Contra as Guerras quere poñer o foco sobre as guerras e facer un chamamento pola solidariedade. Promovido pola Asociación Agra de Orzán e coordinada pola Asociación Cultural e de Cooperación Internacional Pallasos en Rebeldía

Este festival, como todas as actividades do programa "Agra no Ágora" son de acceso libre e gratuíto; o programa está financiado polo Concello da Coruña e deseñado en colaboración coa Asociación veciñal Agra.

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión