Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Prazo de inscrición no programa "Vaia Banda 2025-26"

A inscrición realizarase, entre o 22 de outubro e o 7 de novembro, a través da ficha correspondente dentro do sistema de xestión de programas e actividades educativas.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 22/10/2025 ata o 07/11/2025

Xa rematou

Formulario de inscrición

Contacto:

Banda Municipal de Música

banda@coruna.gal

981 18 42 00 (ext. 58037)

O programa Vaia Banda consta dun total de 14 sesións para escolares, que levarán a cabo no Centro Sociocultural Ágora.

O alumnado asistirá a unha sesión na que participará nun concerto en modalidade de oínte ou activo, neste último caso compartindo escenario co profesorado da Banda Municipal.

Vaia Banda está dirixido a alumnado de EP e EE de centros da cidade, aínda que tamén poderán asistir centros educativos doutros concellos próximos (terán prioridade os centros da cidade).

As sesións, de 60 minutos de duración cada unha, celebraranse do 3 ao 6 e do 16 ao 18 de marzo de 2026. Haberá dúas sesións diarias, ás 10:00 e 12:00 h.

Inscrición no programa

A inscrición realizarase a través da ficha de solicitude (ata o 7 de novembro). Na inscrición dos grupos seleccionásense 2 sesións preferentes (o mesmo día ou en datas distintas), pero só se adxudicará unha delas.

Unha vez pechado o prazo de inscrición, organizaranse os grupos nas distintas sesións, comunicándose a distribución aos centros e publicándose a información na web.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión