A webserie está dirixida por Jorge Boquete e protaginizada por Pedro Brandariz.
Para público en xeral
06/07/2017
Xa rematou
20.30 h
Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña
Entrada libre até completar capacidade
A trevés do Laboratorio Audiovisual de Innovación e Creación (LAIC), Coruña Dixital colabora co festival de contidos dixitais Carballo Interplay para facer a presentación na Coruña desta serie, a gañadora do premio ao mellor proxecto de webserie en galego desde festival, onde se estreou mundialmente o pasado mes de maio.
Nesta presentación na cidade proxectaranseos 3 primeiros episodios da webserie, que prevé estrearse na rede este outono, e participará o seu equipo artístico e técnico, nunha velada que promete sorpresas e humor. Perter Brandon é a terceira serie da firma Porco Bravú. Unha comedia galega con tintes dramáticos que, cun estilo documental, satiriza o sector audiovisual a través duns personaxes inadaptados que queren atopar un lugar no mundo.
Pedro Brandariz é un cómico galego que, a punto de cumprir 40 anos, está confundido coa súa vida. Perdeu a ilusión polo seu traballo e séntese estancado profesionalmente. Quere dar o paso definitivo cara o seu éxito, facerse co público máis novo e ser recordado polo seu novo estilo de comedia. Para conseguilo adopta unha nova identidade, agora Pedro Brandariz é Peter Brandon.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible