Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Presentación da novela "El pasajero de invierno" de Pablo L. T. Noval

Pablo T.L. Noval presenta o seu novo libro no Auditorio do Fórum Metropolitano.

A quen vai dirixido:

Persoas adultas, Xuvenil

Cando:

16/09/2021

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 09/09/2021 ata o 16/09/2021

Require inscrición, prazas limitadas

Horario:

De 19.30 h. a 20.30 h.

Enderezo:

Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Contacto:

bforum@coruna.es

Tel.: 981 184 298

O vindeiro xoves 16 de setembro, ás 19.30 h, Pablo T. L. Noval presentará o seu novo libro "El pasajero de invierno". O autor estará acompañado pola filóloga María Infante.

Debido ás restricións sanitarias a causa da COVID-19 é necesario reservar praza para asistir, inscribíndote nesta mesma web.

Sinopse :

Un conxunto de relatos de diversas extensións escritos ao longo da última década. Algúns deles son moi curtos, instantáneos: unha fotografía de realidade; outros, máis extensos, móstrannos un escenario máxico e misterioso onde os personaxes reais e ficticios conviven nun universo fantástico ou costumista, forxado no propio mundo do autor, que vive entre España e Alemaña. Por iso, decidiu publicar os textos nunha única edición bilingüe.

O autor:

Pablo L.T. Noval (A Coruña, 1984) é docente de español en Alemaña. Traballou nas universidades de Bayreuth e Bamberg, cidade á que se mudou no ano 2010 tras terminar a súa Diplomatura de Turismo na Universidade da Coruña e de traballar tres anos en Barcelona. Desde entón, Noval estudou Alemán e Filoloxía Románica na Universidade de Bamberg.

O escritor coruñés é un apaixonado do fútbol e a música, das linguas e a súa poesía. Ata o momento, Noval escribiu catro obras de teatro para o grupo de español da Universidade de Bamberg (2016-2019) e a novela de misterio "La ciudad de los olvidados" (Edition Hübscher, 2018). Os relatos do "pasajero de invierno" amosan o seu lado máis creativo, crítico e persoal.

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión