Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Presentación da novela "Os incurábeis" de Antonio Tizón

Volven as presentacións á Biblioteca.

A quen vai dirixido:

Persoas adultas, Xuvenil

Cando:

25/11/2021

Xa rematou

Inscricións:

Acceso libre ata completar capacidade.

Horario:

De 19.00 h. a 20.30 h.

Enderezo:

Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Contacto:

bforum@coruna.gal

Tel.: 981 184 298

A Asociación de Veciños Oza, A Gaiteira e Os Catros e a Editorial Xerais de Galicia organizan a presentación do libro Os incurábeis de Antonio Tizón.

O acto contará coa participación de Fran Alonso, Benito Arbaizar, Henrique Sanfiz, Eugenia Sanmartín e Antonio Tizón, terá lugar o xoves, 25 de novembro, ás 19 horas, na Biblioteca Pública Municipal Fórum Metropolitano.

Sinopse:

«Recordo que cando cheguei ao lugar do crime pensei que todo o mundo se volvera tolo». Así comeza esta historia de morte, paixón e loucura. Nunha noite de 2001, unha prostituta aparece asasinada no barrio coruñés dos Castros. A muller morreu desangrada e coa marca dos cairos na gorxa. O inspector Sánchez non só terá que resolver ese caso, senón tamén outros similares que se repiten días despois no mesmo barrio da Coruña. Botando man da novela negra e da novela psicolóxica, Antonio Tizón ofrécenos unha historia na que se formulan preguntas coma estas: que facer coas persoas que padecen enfermidades mentais graves? Teñen cura ou son incurábeis? Son persoas normais ou violentas, perigosas? Como tratalas? Os incurábeis, que historicamente coincide coas secuelas do 11-S, crea un singular espazo literario no barrio coruñés dos Castros, concibido como o microcosmos simbólico dunha sociedade enfermiza pola que pululan personaxes como Rubén, que acoitela gatos, ou a singular psiquiatra Helena Salcedo.

Antonio Tizón:

Antonio Tizón (Aranga, A Coruña, 1960) é licenciado en Ciencias da Información pola Universidade Complutense de Madrid, e traballou como xornalista e profesor nas Escolas de Arte e Superiores de Deseño de Ourense, Santiago e A Coruña. En 1996 publicou un libro de relatos, "In medias res", e o poemario "Ritmos". A partir de 2015, coa novela "A antesala luminosa", comezou a publicar en Xerais unha serie que ten como protagonista principal o policía Xosé Sánchez Pereiro, e que, en clave de xénero negro, pretende abordar, dende distintas perspectivas, o tema da loucura. A esa serie pertencen tamén as novelas "Un home estraño" (Xerais, 2018), Premio Cidade Centenaria de Ribeira, e "Os incurábeis" (Xerais 2020). Como poeta publicou "Non hai espellos nos manicomios" (2019) nun proxecto multimedia sobre saúde mental que se pode ler na web Non hai espellos nos manicomios. Tamén foi galardoado no V Certamen Internacional de Relatos Cortos sobre Discapacidad con "Descifrando el significado", cunha edición a cargo do centro hospitalario Benito Menni.

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión