Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Presentación da novela "Pepitoria", de Quinito Mourelle

Quinito López Mourelle presenta o seu novo libro no auditorio do Fórum Metropolitano.

Tipo de actividade:

Encontros e presentacións

A quen vai dirixido:

Persoas adultas, Xuvenil

Cando:

30/06/2021

Inscricións:

Dende o 23/06/2021 ata o 30/06/2021

Require inscrición, prazas limitadas

Horario:

De 19.30 h a 20.30 h

Enderezo:

Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Contacto:

bforum@coruna.es

Tel.: 981 184 298

O vindeiro mércores 30 de xuño, ás 19.30 h, Quinito López Mourelle presentará o seu novo libro, Pepitoria, acompañado de Bernabé Simes, da editorial (Grupo Beroly), e Guillermo de la Fuente.

Debido ás restricións sanitarias a causa da COVID-19 é necesario reservar praza para asistir, inscribíndose nesta mesma web.

Pepitoria (sinopse do propio autor):

Seguindo o ronsel de Mi última reencarnación e Opereta doméstica (aínda inédita), Pepitoria vén redondear unha especie de triloxía na que o humor leva as rendas da narración. A disección dunha familia atípica e o seu encaixe na sociedade convidáronme nesta ocasión para entregarme sen recato ao absurdo e á ironía, ferramentas imprescindibles para comprender a realidade. Dona Idónea, Testigo e Papá Mauricio (tan inverosímiles, estrambóticos e enervantes como humanos, comúns e tenros) protagonizan un continuo sen sentido co que me propuxen ridiculizar os seres queridos para así poder querer os seres ridiculizados. O divertimento, levado aquí ata un punto no que a persoa lectora, indefectiblemente, rirá coa novela ou se mofará do seu autor, podería esconder, con todo, unha profunda reflexión.

Quinito López Mourelle:

En 2001 doutórase na Universidade Complutense coa tese La figura del héroe en la narrativa de Álvaro Cunqueiro, publicada en 2004 pola Deputación de Lugo.

Como novelista publicou Confines. Breve teatro para debutantes (2007), Pimienta Negra (2009), Sin Ana Beatriz (2011), Orquesta Voland (2012) (ed. Ézaro), Mi última reencarnación (2016) (ed. Zaerasilvar) e La herida de Bach (2019) (ed. Grupo Beroly). Escribiu ademais numerosos poemarios, dos que só viu a luz Nueva mitología del insomnio (2018) (ed. Grupo Beroly), con ilustracións de Juan Álvaro Pernía.

Tamén desenvolveu un variado labor como periodista cultural en medios como Cuadernos de Jazz, La Opinión (A Coruña), Táboa Redonda (El Progreso de Lugo/Diario de Pontevedra), Guía dos Libros Novos etc. O seu blog MARQUIDE para La Opinión (A Coruña), actualizado cada luns, cumpre agora o seu primeiro decenio.

Desde hai anos compaxina a escritura coa súa faceta de compositor e pianista. Gravou ata agora seis discos con temas orixinais e diferentes formacións: Pimienta negra (2008), Pavasaris (2010), Paradero desconocido (2012), Nostos (2014), Lontanaza (2015) e Suite de las ocho (2017). Actualmente ultima a publicación dunha nova gravación a dúo con Roberto Somoza (Reflexiones de un músico iletrado) na que se conxugan música e textos.

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión