O luns 18 de abril, ás 19.30 h, preséntase o número 6 de Follas Novas. Revista de estudos rosalianos.
Para público en xeral
18/04/2022
Xa rematou
19.30 h
Asociación cultural Alexandre Bóveda . Rúa Olmos 16-18, 1º. 15002
Para asistir debe inscribirse aquí
Agrupación Cultural Alexandre Bóveda
A. C. Alexandre Bóveda
Rúa Olmos, 16, 1º
15003 A Coruña
Teléfono: 981 200 869
Luns a xoves de 19.30 a 21.00 horas (excepto durante os meses de verán, que permanecerá pechado)
Editada pola Fundación Rosalía de Castro, Follas Novas nace con vocación de converterse nun referente dos estudos sobre a autora no ámbito internacional. Para cumprir este obxectivo a revista preséntase dividida en seis seccións - artigos, textos e documentos, recensións, bibliografía, varios e casa de Rosalía - que dalgunha maneira debuxan o perfil dunha publicación cultural que, aínda tendo o tema literario como fundamento, non renuncia a outras preocupacións propias da cultura e da socioloxía literarias: lectores/as, recepción, historiografía, sistema educativo etc.
O director da revista é Xosé Luís Axeitos, e o Consello de Redacción está formado por: Anxo Angueira, Xosé Carlos Beiró, Lydia Fontoira e María Pilar García Negro.
Ademais do director, Xosé Luís Axeitos, estarán na presentación Pilar García Negro, Patricia Carballal, Xosé A. Fraga Vázquez, Martín Pawley e Xabier Pérez Couto.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible