O mércores 12 de abril, ás 19.30 h, presentarase no local "Fuxidío mañá", de Rodrigo Osorio Guerrero.
Para público en xeral
12/04/2023
Xa rematou
19.30 h
Asociación cultural Alexandre Bóveda . Rúa San Andrés 36, 1º. 15003
Agrupación Cultural Alexandre Bóveda
Tel.: 981 200 869
"Fuxidío mañá" é un proxecto artístico que bebe das fontes do conservadorismo revolucionario e que, no medio das crises da nosa civilización (climática, enerxética, alimentaria), quere poñer en evidencia a necesidade de "colapsar mellor". Os seus poemas nútrense nas raíces de todos eses problemas para imaxinar os escenarios do futuro, porque a creba da nosa civilización xa é imparable: comezou antonte e pasadomañá amosará mil caras distintas.
No acto intervirán, ademais do autor, Laura Sánchez e Tono Galán de Manchea, responsables do deseño, a maquetación e da elaboración deste libro.
Para anotarse prema aquí
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible