Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Presentación de Os anos do silencio

O venres 17 de xuño, ás 19.00 horas, preséntase o libro de Xerais Os anos do silencio, de Xosé Álvarez Castro.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

17/06/2022

Xa rematou

Horario:

19.00 h

Enderezo:

Asociación cultural Alexandre Bóveda . Rúa Olmos 16-18, 1º. 15002

Prezo:

Para asistir debe inscribirse aquí

Organiza:

Asociación Cultural Alexandre Bóveda

Con "Os anos do silencio" amplía tanto espacial como temporalmente a investigación iniciada na obra anterior "Pontevedra nos anos do medo" da que está practicamente esgotada a 2ª edición. O libro analiza as características que tiveron a represión e a resistencia contra o réxime no primeiro franquismo. Trátase de maneira especial a represión económica, a sufrida polas mulleres, a masonería e a efectuada contra a oposición política. Analiza as diversas formas de resistencia, tanto mediante os grupos de oposición política, as estratexias de resistencia dispersa, así como a resistencia armada e os grupos guerrilleiros que actuaron na provincia. Pretende combinar un enfoque didáctico e divulgativo co rigor na utilización de abundantes e variadas fontes documentais.

Xosé Álvarez Castro (Pontevedra, 1953) é mestre, licenciado en Xeografía e Historia . Profesor de historia xubilado. Autor de artigos sobre historia, medio ambiente e didáctica en diversas revistas, participando como relator en numerosos congresos. Colabora no xornal Nós Diario. Mantén na rede desde 2008 o blog "Pontevedra nos anos do medo" dedicado á difusión da historia da represión na comarca pontevedresa. É autor das obras "Pontevedra nos anos do medo, Golpe militar e represión" (1936-1939). Vigo: Edicións Xerais, 2013; "Mourente nos anos do medo. Sociedade, golpe militar e represión". Pontevedra: CMVMC de , Mourente2016 e "Os anos do silencio. Represión e resistencia na provincia de Pontevedra" (1936-1951). Vigo: Edicións Xerais, 2022.

O acto, organizado pola Cátedra de Memoria Histórica da UDC e pola asociación Alexandre Bóveda, contará coa presenza de director Uxío-Breogán Diéguez Cequiel, da Cátedra, e con Xosé Álvarez Castro, autor do libro.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión