Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Presentación de resultados do proxecto europeo Make it open

A xornada terá lugar na Domus e está dirixida a profesorado de primaria e secundaria

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

27/06/2023

Xa rematou

Inscricións:

Formulario de inscrición aquí

Horario:

16.30 - 20.00 h

Enderezo:

Domus. Rúa Ángel Rebollo 91. 15002 A Coruña

Páxina web:

https://www.coruna.gal/mc2/gl/detalle/proxecto-make-it-open/suceso/1453822612404

Make it open é un proxecto educativo a nivel europeo que profunda no uso da filosofía do movemento maker e da escolarización aberta para a aprendizaxe STEAM. Durante o curso 22/23 varios docentes de centros educativos de primaria e secundaria realizaron actividades inspiradas en escenarios propostos dentro deste proxecto, e acadouse a participación de máis de dous mil estudantes.

No encontro do próximo martes 27 de xuño, os profesores e profesoras que participaron en Make it open compartirán os resultados do seu traballo en escolarización aberta, para profundar nas vantaxes e requisitos deste tipo de ensino así como os pasos que hai que seguir para comezar a aplicala.

Tendo en conta os positivos resultados obtidos durante este curso e a boa valoración dos recursos e ferramentas xerados no proxecto, os Museos Científicos Coruñeses seguirán traballando neste campo cos centros educativos interesados.

A duración da reunión será de tres horas e media coa seguinte orde do día:

  • Benvida
  • Presentación de escenarios Make it open
  • Descanso - café
  • Debate e mesa redonda
  • Despedida

Para participar é necesario cubrir un formulario aquí.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión