Marta Edda Laiz naceu na Coruña en 1985 e é lectora por vocación, devoradora de libros de fantasía, xogadora compulsiva de rol, entusiasta das motos e o heavy metal, afeccionada aos videoxogos, adicta á ciencia-ficción e fanática das historias de terror.
Persoas adultas, Xuvenil
11/04/2019
Xa rematou
Entrada libre ata completar a capacidade
19.00 horas
Biblioteca Municipal de Estudos Locais. Rúa Durán Loriga 10, 1º. 15003 A Coruña
Tel.: 981 184 386
Aceptarías a oportunidade de non ser normal? Rafael Keller é esquizofrénico e ve monstros desde que ten memoria. Tras un novo fracaso ao saír do psiquiátrico, coñece un doutor que suxire abordar a enfermidade desde un novo ángulo: aceptar a posibilidade de non estar tolo. A partir dese momento, Raf entrará a formar parte da Sociedade do Veo e descubrirá todo un abano de criaturas lendarias que converterán a súa vida nun vórtice de tensión, carreiras e explosións. A soidade de non encaixar en ningún dos dous mundos empuxarao a aliarse co seu peor inimigo, un elfo amante do heavy metal responsable de acompañalo durante a súa formación na Axencia para a Protección do Veo.
Unha novela de corte policíaco dentro do xénero da fantasía urbana para adultos/as que atrapará as persoas lectoras máis esixentes grazas á evolución duns personaxes complexos, un estilo fluído, grandes doses de humor e unha elaborada rede de intrigas. Así como maxia, luxuria, pistolas e, desde logo, orcos, trasgos e outras bestas.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible