Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Presentación do libro: "El universo del hombre azul"

Presentación e coloquio do libro "El universo del hombre azul" de Pedro Calatrava Labandeira.

A quen vai dirixido:

Persoas adultas

Cando:

10/03/2025

Xa rematou

Inscricións:

Entrada libre ata completar a capacidade.

Horario:

18.30 horas.

Enderezo:

Biblioteca Municipal Os Rosales. Praza Elíptica 1, 1º. 15011 A Coruña

Contacto:

brosales@coruna.gal

981 184 389

O luns 10 de marzo ás 18.30 horas terá lugar na Biblioteca Os Rosales a presentación do libro "El universo del hombre azul" de Pedro Calatrava Labandeira, obra gañadora do I Premio Fundación Mediterráneo.

Nacido en Madrid en 1958, Pedro Calatrava trasladouse á Coruña en 1965, onde reside desde entón. Cursou estudos de Medicina, Psicoloxía e Dereito. A súa vida laboral desenvolveuse na industria química. No apartado creativo, escribiu algúns contos e relatos breves sen publicación nin exposición así como colaboracións esporádicas de texto e cómic en blogs e publicacións de ámbito variado.

O escritor, veciño dos Rosales e debutante no mundo literario, impúxose entre máis de 933 orixinais presentados ao concurso convocado pola Fundación Mediterráneo e a Universidade de Murcia.

A novela narra a evolución persoal dun home na idade madura  que será capaz de atopar, a través de diversas peripecias e unha vez xubilado, o seu sentido na vida. Tratase dunha obra de formación na idade madura.

Non dubidedes en acompañarnos para descubrir todos os seus misterios!

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión