Descubre a historia de Cabo Blanco da man da escritora Lola Pereira.
Persoas adultas
24/11/2022
Xa rematou
Entrada libre ata completar a capacidade.
De 19.00 a 20.30 h.
Biblioteca Municipal Ágora. Lugar Gramela 17. 15011 A Coruña
981 189 886
A escritora, docente, conferenciante e ecoloxista Lola Pereira presenta na Biblioteca Ágora o seu novo libro, "Las almas de Cabo Blanco", a historia de como Costa Rica foise convertendo no país ecoloxista que é hoxe e, sobre todo, a historia de Nicolas e de Karen, que loitaron ata o día da súa morte polo ideal do mundo sostible.
Un amor escandinavo durante a Guerra Fría. Unha vida espartana na selva de Costa Rica. Unha dedicación incansable para establecer a primeira reserva natural do país. Unha morte inesperada e misteriosa. Un coatí dócil que consola a unha mulleres con pensamentos suicidas. Unha loita continua para a conservación da natureza máis aló da morte. Unha historia verídica.
(Resumo da contraportada)
Sobre Lola Pereira
Lola Pereira (A Coruña, 1954) é escritora e docente. Diplomada en Marketing pola Escola Superior de Barcelona, é profesora de Contos da Tradición Oral pola Universidade Pontificia de Salamanca e especialista en Intelixencia Emocional Aplicada pola Escola Europea de Líderes.
Ten participado en numerosos encontros de escritores, talleres y diversas actividades de fomento da lectura e conciencia ambiental en Costa Rica, Nicaragua, El Salvador, México e España. En Costa Rica tivo unha participación fundamental en iniciativas para a mellora na educación, a calidade e a protección do ambiente en localidades como Santa Teresa de Cóbano, Monteverde e San Vito de Coto Brus. Impartiu en varias ocasións o Taller de Contos de Tradición Oral para bibliotecólogos do Ministerio de Educación Pública.
Fundadora do Liceo Rural de Santa Teresa de Cóbano, madriña do Programa Telesecundaria en dita institución e directora do Programa de Rescate da Identidade Cultural de Santa Teresa. Creadora do Proxecto Acción de Erradicación da Explotación Infantil e coordinadora do Plan de Lectura da Área de Saúde de San Vito.
Tamén che pode interesar

14/12/2025
INICIO DAS VENDAS: O venres anterior a cada espectáculo, nos horarios habituais da praza de Ourense e en Ataquilla.com

Os días 10/12/2025, 11/12/2025, 12/12/2025, 13/12/2025, 14/12/2025

15/12/2025
Acceso libre até completar a capacidade

16/12/2025

16/12/2025

Dende o 14/10/2025 ata o 16/12/2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible