A Biblioteca de Estudos Locais acolle a presentación do estudo-libro "Galicia latente", unha iniciativa de Eduardo de Martís.
Público en xeral
Para público en xeral, Persoas adultas
29/05/2024
Xa rematou
Entrada libre ata completar a cabida.
Das 19.00 ás 20.00 h
Biblioteca Municipal de Estudos Locais. Rúa Durán Loriga 10, 1º. 15003 A Coruña
#bibliotecadeestudoslocais, encontros, presentacións, libros, cultura, galicia, fotografía
Tel.: 981 184 386
bestudiosl@coruna.gal
"Galicia latente" é un proxecto do fotógrafo Eduardo de Martís para achegar ás persoas o valor social, económico e sostible que atesoura a cultura galega no presente. Así mesmo formula unha visión holística desde onde visibilizar os retos e as oportunidades que nos están a conformar.
O proxecto ten como base un estudo-libro homónimo de recollida e divulgación fotográfica da cultura galega (seguramente o único do presente) e as súas múltiples realidades que estamos a vivir en Galicia. Esta obra autoeditada recolle 233 fotografías feitas entre os anos 2020 e 2023, ao longo de máis de 140 concellos galegos.
A presentación correrá a cargo do seu autor, o fotógrafo Eduardo de Martís, acompañado por diferentes representantes da cultura da cidade.
Agardamos que haxa un debate amplo e convidamos a todas as persoas interesadas no desenvolvemento cultural a asistir e participar na presentación deste proxecto.
17/06/2024
Acceso libre ata completar a capacidade
18/06/2024
18/06/2024
18/06/2024
19/06/2024
20/06/2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible