Actividade organizada pola Agrupación de Montañeiros Independentes-AMI
Para público en xeral
14/06/2024
Xa rematou
Acceso libre ata completar capacidade
Das 19.00 ás 20.30 h
1,5 h
Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
Tel.: 981 184 298
O venres 14 de xuño ás 19 h., a Agrupación de Montañeiros Independentes-AMI, club de Montaña Coruñés, organiza a presentación do libro Remote "Novas formas de Viaxar" na Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano.
Contaremos coa presenza dos alpinistas Félix Criado (Presidente do AMI), Lur Uribarren e Ibai Etxezarraga.
Desde 1986 (ano de creación do AMI) membros do club realizaron expedicións ao Himalaya, e nestas coñeceron outras culturas e outros alpinistas. Destas relacións xorde esta colaboración.
No encontro tamén presentarán o proxecto e iniciativa Benetako Izenak (Nomes Verdadeiros).
Un proxecto de natureza social e cultural, que consiste na elaboración dun libro ilustrado que expón un diálogo entre o universo do eúscaro e o verxel cultural Nepalí. O obxectivo desta iniciativa é dobre. Por unha banda, tender pontes entre ambas as realidades culturais que permitan coñecer as singularidades de cada país, á vez que tratar de estimular o coñecemento mutuo. Doutra banda, o proxecto trata de promover unha reflexión arredor do modelo turístico contemporáneo, máis aínda, naquelas cuestións que arrodean o alpinismo, disciplina, que se caracterizou durante moitas décadas pola súa sensibilidade e atención ao medio visitado.
Baixo este pretexto, e ao redor destas dúas cuestións principais, exponse unha charla distendida dunha hora e media de duración aproximada na que, ademais de contar esta experiencia, profundaremos tamén noutras experiencias vividas en Nepal polos alpinistas Félix Criado (membro destacado de AMI) e Lur Uribarren, sendo este último promotor xunto con Ibai Etxezarraga da iniciativa Benetako Izenak (Nomes Verdadeiros).
Ademais disto, teremos a posibilidade de dispoñer do libro ilustrado en directo, traducido ao galego, coa intención de coñecer, tanto o resultado como o proceso de creación dunha iniciativa artística destas características.
Por último, presentarase tamén a nova fase do proxecto Benetako Izenak, no que se repetirá a experiencia Nepalí, pero esta vez no val do Baltoro en Paquistán, cunha iniciativa que non só contará coa creación do libro, senón tamén coas xestións para a visita dun representante da comunidade paquistaní do val en cuestión a Euskal Herria durante finais do 2024 e a primeira metade do 2025.

22/12/2025

23/12/2025

26/12/2025

26/12/2025

27/12/2025
Inscrición gratuíta a través da Biblioteca Casa Consulado

27/12/2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible