Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Presentación do libro "Verdades creadas" de Rodrigo Costas

Presenta o acto Alberto Trinidad, director de Ediciones Oblicuas.

A quen vai dirixido:

Persoas adultas

Cando:

20/12/2016

Xa rematou

Inscricións:

Entrada libre ata completar a capacidade

Horario:

De 19 a 20 horas

Enderezo:

Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Contacto:

bforum@coruna.es

Tel.: 981 184 298

Os catro textos que compoñen este libro (un relato que non é un relato, a historia dun personaxe atrapado nas súas palabras, a viaxe dun pai coas súas fillas e a autopsia dun proceso xudicial) e que o converten nun falso volume de relatos, comparten, ademais de numerosos motivos que se estenden e entrelazan duns a outros, tres trazos comúns: unha mesma e peculiar estrutura narrativa na que o tempo non xoga ningún papel; o feito de que todos eles aludan a outra obra, real ou ficticia; e que os catro abordan a cuestión do que entendemos por verdade e o seu engarce co real. O resultado é un volume formado por pezas autónomas que cobran todo o seu sentido como conxunto.


RODRIGO COSTAS FREIJEIRO:

Nacido en Vigo no 1977, publicou ata a data a novela "En las afueras" (Ediciones Oblicuas, 2015), o relato "Entre Palabras" (finalista do II Certame de Relatos de El Bistró de La Central del Callao, 2013), o poemario De Valera (accésit de poesía nos Premios Minerva, 1995) e numerosos post, artigos, recensións artísticas, crónicas de talleres editoriais e narracións curtas aos que se pode acceder a través da súa web.

Tamén che pode interesar

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión