Arte, literatura, cine, fotografía, novas tecnoloxías, memoria, creatividade…
Para público en xeral
Dende o 02/10/2023 ata o 23/12/2023
Todas as inscricións que teñan data de envío anterior ou posterior aos días e horas indicados non serán tramitadas.
Dende o 04/09/2023
Forum - Listado axdudicacions e listaxes da agarda no Programa de Lecer OUTONO 2023 (396 KB)
CONDICIÓNS PARA PARTICIPAR NOS OBRADOIROS DO PROGRAMA DE LECER, CALENDARIO DE INSCRICIÓN E PAGAMENTO
● Preinscrición: 4 (a partir das 9.00 h), 5 e 6 (ata ás 23.59 h) de setembro.Todas as inscricións que teñan data de envío anterior ou posterior aos días e horas indicados non serán tramitadas.
● Publicación das listaxes de preinscrición: o 7 de setembro, ás 12.00 h, na páxina web municipal (/www.coruna.gal), na de Cultura (www.coruna.gal/cultura) e no servizo telefónico 010.
● Prazo de reclamacións sobre as listaxes de preinscrición: 7 e 8 de setembro, a través do correo electrónico a forumagora@serviplus.org ou do teléfono 672 829 049.
● Sorteo público: o luns 11 de setembro, ás 10.00 h, na conserxería do Fórum.
● Publicación das listaxes de prazas adxudicadas e das listaxes de agarda: o mércores 13 de setembro ás 9.00 h, na páxina web municipal e na de Cultura e no servizo telefónico 010.
Forum - Axdudicacions e listaxes da agarda Programa de Lecer OUTONO 2023
● Pagamento da cota: os días 13, 14 e 15 de setembro.
● Adxudicación das prazas vacantes nos obradoiros sen listaxe de agarda: a partir do luns 18 de setembro volverá abrirse o formulario de inscrición na web para o público en xeral, e farase o aboamento do mesmo xeito que o resto, ata o 30 de setembro.
● Adxudicación de prazas nos obradoiros con listaxes de agarda: contactaremos telefonicamente coas persoas das listaxes de agarda para confirmar que continúan interesadas en inscribirse nos obradoiros que solicitaran. Nunha primeira volta: o día 20 de setembro; e a segunda volta: o día 25 de setembro.
Realizaranse tres intentos de contacto telefónico a diferentes horas do mesmo día. De non se conseguir a comunicación, pasarase á seguinte persoa da listaxe de agarda.
● Pagamento das prazas adxudicadas das listaxes de agrada: as da 1.ª volta, o 20 ou o 21 de setembro; e as da 2.ª volta, o 26 de setembro.
● Adxudicación das prazas vacantes: a partir do mércores 27 de setembro abrirase o formulario de inscrición na web para o público en xeral, e farase o aboamento do mesmo xeito que o resto, ata o 30 de setembro.
1.ª opción: farase de forma telemática, a través da páxina web www.coruna.gal/cultura .
2.ª opción: facilitarase axuda telefónica (de 10.00 a 14.00 h, e neste horario tamén se poderá realizar de forma presencial, e de 16.00 a 20.00 h, só telefónicamente) para aquelas persoas que non teñan correo electrónico ou dificultades de acceso a Internet, a través do teléfono 672 829 049.
● Poderá inscribirse nun máximo de dous obradoiros. Hai que ter en conta que na adxudicación se respectará a orde de preferencia fixada pola persoa solicitante, e esta non poderá ser modificada unha vez que se realice o sorteo.
● Unha vez que se realice a inscrición recibirá no seu correo electrónico a resposta con todos os datos que apuntou. Comprobe que son correctos e garde a copia como xustificante.
● No caso de non dispoñer de correo electrónico, poderá consultar os seus datos nas listaxes de preinscrición na páxina web e no Fórum, o 7 de setembro.
● Nestas mesmas listaxes poderá coñecer o número designado para o sorteo público.
ADXUDICACIÓN DAS PRAZAS: unha vez realizado o sorteo público, as listaxes das persoas admitidas e as listaxes de agarda publicaranse o luns 11 de setembro ás 9.00 h, na páxina web municipal, na de Cultura e no servizo telefónico 010.
Nelas figurarán o número de inscrición, o número do DNI/NIE da persoa solicitante así como o/os obradoiro/s adxudicado/s.
As prazas de cada obradoiro adxudicaranse a partir do número de inscrición que saia no sorteo público.
Adxudicaranse un máximo de dous obradoiros por persoa. En todo caso, tratarase de concederlles a todas as persoas solicitantes cando menos un obradoiro, antes de conceder un segundo obradoiro.
Para adxudicar as prazas vacantes e as non aboadas, terán preferencia as persoas das listaxes de agarda que non obtivesen ningunha praza, sempre respectando a orde de numeración do sorteo.
COTA DE INSCRICIÓN OUTONO 2023: 35,00 € por obradoiro para as persoas menores de 65 anos. 23,00 € por obradoiro para as persoas maiores de 65 anos, cumpridos antes do inicio dos obradoiros.
PAGAMENTO DA COTA: do 13 ao 15 de setembro (os tres días incluídos).
1.ª opción: a cota correspondente aboarase mediante transferencia á conta núm. ES76 2080 0036 6230 4002 1977. Enviarase o comprobante por correo electrónico a forumagora@serviplus.org ou depositarase nas conserxerías unha copia da transferencia bancaria en papel, xunto co núm. do DNI/NIE, o nome da persoa participante, o centro (Fórum ou Ágora) e o/os obradoiro/s aboado/s.
2.ª opción: as persoas que teñan dificultades en realizar a transferencia "en liña" ou non dispoñan de correo electrónico, poderán realizar o pagamento da cota mediante tarxeta de crédito (ou efectivo), presencialmente no FÓRUM ou no ÁGORA , de 10.00 a 14.00 ou de 17.00 a 20.00 h os días 9 e 10 de xaneiro, para os prazas de CONTINUIDADE e os días 13, 14 e 15 de setembro.
Para os aboamentos das prazas vacantes ou en listaxe de agarda o aboamento de forma presencial será exclusivamente de 10.00 a 14.00 h
No caso de non se realizar o pagamento nos ditos prazos a praza quedará vacante, e serán chamadas as persoas solicitantes da listaxe de agarda para cubrila.
Se unha vez aboada a cota non fose posible realizar o obradoiro, só se devolverá o seu importe se outra persoa solicitante ocupa a praza, coa data límite do venres 13 de outubro..
INICIO E REMATE DOS OBRADOIROS: comezarán a partir do luns 2 de outubro e rematarán o sábado 23 de decembro, no día e hora que lle corresponda a cada obradoiro. Os obradoiros só se porán en marcha cun mínimo de 12 participantes.
Documentos relacionados
Dende o 26/09/2023 ata o 27/09/2023
Dende o 19/09/2023 ata o 25/09/2023
Dende o 27/09/2023 ata o 28/09/2023
Dende o 20/09/2023 ata o 26/09/2023
Inscrición presencial na biblioteca
Dende o 02/10/2023 ata o 06/10/2023
Dende o 25/09/2023 ata o 30/09/2023
Inscrición presencial na biblioteca
Dende o 09/09/2023 ás 11:30 ata o 28/10/2023 ás 13:30 , os sábados
Realizarase os sábados 9, 16, 23 e 30 de setembro e 7, 14, 21 e 28 de outubro
Dende o 02/09/2023 ata o 09/09/2023
Require inscrición.
Dende o 05/05/2023 ás 18:30 ata o 24/11/2023 ás 20:30 , os venres
As titorías para o espazo maker desenvolveranse os últimos venres de cada mes, das 18.30 ás 20.30 h.
Dende o 20/11/2023 ata o 24/11/2023
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible